O Nadal na cultura popular galega: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
algo máis (¡Feliz Nadal!)ç
Lameiro (conversa | contribucións)
máis (¡Feliz Nadal!)
Liña 120:
O [[6 de xaneiro]] dáse por certo que chegaron os [[Reis Magos]] ó portal de Belén a honrarlle con [[ouro]], [[incenso]] e [[mirra]]. De aí o costume de facer regalos ós meniños.
 
A presentación do Neno ós Reis desígnase como [[Epifanía]], e aparece figurada en numerosas mostras da escultura relixiosa, como no [[Fachada das Praterías|Pórtico das Praterías]] ou en [[San Paio de Antealtares]] ([[Santiago de Compostela]]) ou na [[Real Colexiata de Santa María do Campo|Colexiata de Santa María do Campo]] ([[A Coruña]]).
<gallery>
Ficheiro:Santiago Galiza nov 2008 San Fiz de Solovio 17.jpg|San Fiz de Solovio (Santiago de Compostela).
Liña 127:
</gallery>
 
Trátase doutro día especialmente sinalado para cantar polas rúas da vila coplas semellantes ás panxoliñas pero que, nesta data, se chamaban ''reises''. Hai sitios onde ó grupo de rapaces que cantan se engaden elementos particulares, como o ''Vello'' e a ''Vella'' de [[Tomonde, Cerdedo|Tomonde]] ([[Cerdedo]]), dous enmascarados vestidos de farrapos que simulan roubar [[xamón]]s ou [[chourizo]]s das casas dos veciños. En [[Viana do Bolo]] son dous rapaces, ''danzante'' e ''madama'', que bailan ó son das [[castañola]]s. En [[Navia de Suarna]] é unha mascarada acompaña por unha gaita. En calquera caso, tras ''pedir licencia'' e cantar as panxoliñas, van recibindo distintos regalos, sempre comida, que comerán logo nunha festa que celebran os participantes, ou ben fan un convite para tódolos veciños denominado ''morada'' ou ''broma''; en Tomonde, ''gaiteirada de Reis''.
 
Na [[A Mezquita|Mezquita]] a festa estendíase durante os días 5, 6 e 7 de xaneiro, organizada polo ''rei'' e o ''vicerrei''. Taboada Chivite descríbeo así:
Liña 142:
==O Nadal na literatura oral galega==
===Refraneiro===
* Aceitona, unha por San Xoán, e un cento por Nadal.
* Cando o Nadal nada, siñal de boa anada.
* Dendes a Pascoa a Nadal, andai bois pra o meu curral.
Liña 163 ⟶ 164:
* Ano novo aí nos vén,/ Dios nolo traia con ben,/ Dios nos dea tantas ovellas/ como no ceo hai estrellas.
* Ano novo con ben veñas,/ como o sol entre as estrelas,/ os cabritos coas cabras/ e os años coas ovellas.
* Aquí non nos deron/nin miga de cousa/De hoxe nun ano estean/debaixo da lousa.
* Cantámosche os Reises/ guedella de cabra/ cantámosche os Reises/ non nos deche nada.
* Cantámoslle os Reis/ guedellos de cabra;/ cantámoslle os Reis/ e non diches nada.
* De lexos chegamos/ os que aquí estamos/ se nos dan licencia/ os Reises cantamos.
* Deannos os Reises,/ señores, por Dios,/ deannos os Reises/ e queden con Dios.
* Moitos anos viva/ a ama da casa/ pois no aguinaldo/ nunca foi escasa.
* Traemos a bota/para levar o viño/pa levar os ovos/ó noso cestiño.
 
==Notas==