Georges-Louis Leclerc: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 87:
 
=== Literatura. O estilo ===
Sobre literatura Buffon escribiu un [[ensaio (literatura)|ensaio]], o ''Discurso sobre o estilo'', composto para o seu ingreso na [[Academia Francesa]], para a que foi elixido sen que presentase a súa candidatura. Eloxia as calidades intelectuais do [[Estilo literario|estilo]]: unidade, plan, claridade. Distingue o estilo do orador, que é elocuente e pretende animar as paixóns, do do escritor que se dirixe ao espírito, para o cal o estilo debe ser "a orde e o movemento no pensar". A orde interesa por riba de todo e sempre hai que seguir algún plano ou método; incluso parece que o movemento mesmo nace da orde, e hai que evitar todo canto sexa afectación, elixindo as expresións con delicadeza e gusto e desbotando os tecnicismos, axustando o ton á natureza do asunto. "Escribir ben é á vez pensar ben, sentir ben e expresarse ben; é posuír á vez enxeño, alma e gusto". Só o estilo pode salvar unha obra do esquecemento, porque os coñecementos e os descubrimentos transpórtanse con facilidade: "estas cousas están fóra do home, pero o estilo é o home mesmo; o estilo non pode roubarse nin transportarse".
 
== Algunhas publicacións ==