Georges-Louis Leclerc: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Bioloxía: transformismo (bioloxía)
Liña 77:
Tamén suxeriu que a idade da Terra debía de ser bastante máis elevada que os 6000 anos proclamados pola Igrexa, calculados a partir da Biblia remontándose até o Xénese. Baseándose na taxa de arrefriamento do ferro fundido, calculou que a idade da Terra sería duns 50000 anos.
Por estas aseveracións foi xulgado pola [[Igrexa Católica Romana|Igrexa católica]] de Francia, e debeu retractarse da súa teoría no segundo volume da súa ''Histoire Naturelle''. Finxindo inxenuidade e manifestando a súa fe intacta, a Sorbona acabou por declararse satisfeita e abandonou a persecución en abril de [[1751]], a cambio dunha vaga promesa de contrición. Prudente (tiña bastante que perder), preferiu retractarse que solicitar axuda aos seus protectores nun conflito que podería volverse na súa contra, e ante o cal poderían deixalo só. Así e todo [[Voltaire]], que o respectaba moitísimo, non compartía todas as súas opinións científicas sobre este asunto e acabaría distanciándose del.
 
A partir diso, non se fiaría máis da Igrexa, sen volver por outra banda a enfrontarse con ela directamente, o que sería un grave erro táctico. Contentouse con esquivala habilmente. Así, por exemplo, elixiu un confesor pusilánime, ao que trataba como un criado a cambio de que se fixera o cego.