Marshall Sahlins: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Paradanta (conversa | contribucións)
Paradanta (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 3:
 
== Traxectoria==
É doutorDoutorouse en Antopoloxía pola [[Universidade de Columbia]]. Nos anos 60 foi politicamente activo, participando en protestas contra a [[guerra de Vietnam]] e asinando o manifesto de escritores e editores norteamericanos polo que se negaban ao pagamento de impostos en sinal de protesta polo conflito bélico. Dende 1973 traballa na [[Universidade de Chicago]], onde hoxe é Profesor Emérito de Antropoloxía.
 
O seu traballo centrouse en demostrar o poder que ten a cultura para moldear a actuación das persoas á marxe da [[bioloxía]]. Deste xeito, os sistemas económicos adáptanse ás circunstancias particulares de cada cultura. Distingue entre dous tipos de evolución das sociedades, por un lado, unha evolución xeral, entendida como a tendencia dos sistemas sociais e culturais a incrementaren o seu nivel de complexidade, organización e adaptación ao medioambiente. Mais, por outro, as comunidades humanas non están ailladas, de xeito que interaccionan e difunden as súas competencias tecnolóxicas, acabando por se desenvolveren de distintos xeitos ao tempo que son introducidos estes elementos anovadores en combinacións diferentes e en distintas etapas.