Benidorm: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
arranxiño
Imxavitooh (conversa | contribucións)
Liña 35:
 
== Historia ==
No termo municipal atópanse restos [[ibero]]s e [[romano]]s. Parece ser que no momento da [[Reconquista]] había unha alquería árabe na ''Partida de Lliriets''; de calquera xeito, a poboación sería de pouca importancia. O nome de Benidorm aparece por vez primeira no ''Llibre del Feyts'' de [[Xaime I de Aragón]], que conquistou esta parte da provincia de Alacant no ano [[1245]]. As terras de Benidorm, e a meirande parte do resto da bisbarra, foron outorgadas ó almirante Bernat de Sarriá. Este importante señor feudal pode considerarse o verdadeiro fundador da cidade, ó outorgar ''Carta Puebla'' a Benidorm o 8 de maio de [[1325]], creando o castelo e a vila. A función deste documento era marcar os límites do término da nova poboación (que se separou así administrativamente da baronía de Polop), e tamén intentar atraer o estabelecemento exclusivo de familias cristiás. Estratexicamente, a orixe da vila debeuse ó medo imperante naquel tempo ó superior número de mouriscos existentes na zona, e as posibles alianzas destes cos seus irmáns de relixión no [[Reino de Granada]] e no norte de [[África]].
En 1335 o señor territorial é o Infante Pedro de Aragón e de Anjou, seguido polo seu fillo Afonso de Aragón e de Foix. Posteriormente, Benidorm pasou a mans dos condes de [[Dénia]], volveu á coroa, e finalmente vendeuse ó nobre Ruy Díaz de Mendoza, debido as dificultades financeiras do monarca con motivo de conflitos bélicos que lle obrigaron a desprenderse de moitos dos seus señoríos.
Liña 41:
A poboación sufriu dous terribles ataques piratas berberiscos, o primeiro en [[1410]] e o segundo en [[1448]], que asolaron a vila e o castelo. En concreto, no ataque de 1448, os piratas leváronse escravizados a meirande parte dos habitantes de Benidorm, coa resultante despoboación
 
No [[século XVI]] ampliouse e reparouse o castelo, pero a vila urbana, que voltara a pertencer á baronía de Polop, atopábase case completamente despoboada.
 
A mellora das construcións defensivas e o establecemento, a partir de [[1666]], dunha canle que podía achegar auga desde o interior da bisbarra permitiron atraer novos poboadores ó lugar. En [[1701]], por iniciativa aristocrática, outorgouse unha nova Carta de poboación á vila, que volveu a ser municipalidade independente.
 
En 1715 Bendidorm contaba cuns 216 veciños, cifra que aumentou a 2.700 a finais do [[século XVIII]]. Esta forte expansión demográfica púidose realizar grazas, esencialmente, a unha importante actividade pesqueira baseada na pesca con [[almadraba]] (pesca de [[túnido|atúns]] durante a súa viaxe de migración, mediante dun cerco de redes), na que os seus habitantes se especializaron.
 
Na [[guerra da Independencia española]], as tropas napoleónicas profanaron o cemiterio e destruíron o castelo.
 
Durante o [[século XIX]] continuou o crecemento e comezaron tímidas aventuras turísticas como a inauguración do ''Balneario de la Virgen del Sufragio''. Aínda que nos anos posteriores melloraron as comunicacións con [[Alacant]] e con [[Madrid]], os demais sectores económicos non estaban pasando polo seu mellor momento, a mariña mercante entraba en crise pola perda das últimas colonias españolas de ultramar en 1898 ([[Cuba]], [[Porto Rico]] e [[Filipinas]]) e pouco despois o "boom" da agricultura da vide ([[viño]] e uvas pasas) arruinouse coa chegada dun parasito da vide a comezos do [[século XX]]. Esta desaceleración económica foi unida a unha certa emigración a [[Cuba]], ó barrio marítimo de [[Barcelona]] e á costa de [[Cádiz]].
 
Durante estes anos, produciuse a ampliación do porto e, en [[1925]], a construción dos primeiros chalés na Praia de Levante. Trala [[Guerra civil española]], pouco a pouco fóronse recuperando as actividades socioeconómicas, coa pesca como ramo produtivo máis destacado. Foi na década dos 50 cando se deron os primeiros pasos para producir unha verdadeira transformación: por unha banda, en 1952, pechouse por baixo rendemento nas capturas a almadraba máis importante, algo traumático para moitas familias. Ó mesmo tempo, en 1956, o Concello aprobaba o ordenamento urbanístico da vila para crear unha cidade concibida para o ocio turístico baseada en rúas ben trazadas e amplas avenidas seguindo a configuración das praias. A partir dese momento, produciuse un forte desprazamento das actividades tradicionais (pesca e agricultura) ó sector servizos orixinado polo turismo, que se converteu na base da prosperidade da cidade. O turismo español comezou a compartir o espazo cos visitantes doutras partes de Europa, primeiro chegados cos seus vehículos e máis adiante, coa apertura do [[Aeroporto de Alacant|aeroporto de L'Altet]] en [[1967]], cun importante número de estranxeiros chegados en voos charter. Actualmente, Benidorm é unha das primeiras cidades turísticas de toda a costa mediterránea.
 
== Festas e celebracións ==