Comisario Maigret: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Datos biográficos: Nantes, Francia
Liña 11:
Estudou dous anos de medicina en Nantes. Porén, á morte da súa tía, e malia o intento do seu tío de empregalo na panadaría familiar, decidiu deixar os estudos, marchar a [[París]] e comezar a súa propia vida. Por mediación dun antigo amigo do instituto, ingresou na [[policía]] como axente ciclista, ascendendo até chegar a ser comisario de división da brigada criminal. Nunha festa coñeceu a Louise Léonard, natural de Colmar, na [[Alsacia]], coa que casou pouco tempo despois. O matrimonio non puido ter fillos.
 
Maigret é un home de vida sinxela: gosta da comida tradicional, a compaña da súa muller con quen partilla sesións de [[cinema]] e largos paseos, a cervexa, os licores caseiros. Ao pasar ao retiro instalouse nunha pequena casa na vila de Meung-sur-Loire, no departamento do Loiret, na marxe norte do [[Río Loira|Loira]]. Dedicarase dende entón, coa excepción dalgunhas intervencións en casos puntuais, á pesca, a xogar ás cartas e a coidar da súa cortiña. Actividades simples, á marxe das grandes responsabilidades como alto funcionario e home de sona do pasado.
 
== Método de investigación ==