Douglas DC-8: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Beninho (conversa | contribucións)
Beninho (conversa | contribucións)
Liña 37:
=== Fase de deseño ===
Douglas iniciou en segredo a estudar o proxecto para un reactor de transporte a mediados de [[1952]]. A mediados de [[1953]] o proxecto xa tiña unha forma moi semellante ao final DC-8; 80 asentos, á baixa de 30º con catro motores Pratt & Whitney JT3C, e un diámetro interno de cabina de 3,35 metros para permitir cinco filas de asentos. O seu peso máximo sería de 95 toneladas, e estimábaselle un alcance de entre 4.800 e 6.400 quilómetros.
 
Douglas aínda non estaba moi convencida co proxecto do reactor, pero cría que o contrato dun repostador en voo da [[USAF]] iría a parar a dúas compañías, como moitos dos contratos de trasporte anteriores. En maio de [[1954]] a USAF comunicou os seus requisitos para 800 avións de repostaxe a Boeing, Douglas, Convair, Fairchild, Lockheed e Martin. Boeing estaba listo só dous meses despois para facer voar o seu prototipo. Catro meses despois de dar a coñecer os requisitos a USAF pedíu os primeiros 29 [[Boeing KC-135 Stratotanker|KC-135]] a Boeing.
 
[[Donald Douglas]] foi sorprendido coa rapidez da decisión que, segundo dixo, fixérase antes de que as empresas competidoras tivesen tempo para completar as súas ofertas. Protestou a Washington, pero sen éxito. Tendo comezado o proxecto do DC-8, Douglas decidiu que era mellor seguir adiante con el. Consultas coas aeroliñas fixeron que realizasen varios cambios no proxecto: a fuselaxe foi ensanchada 38 cm para permitir seis ringleiras de asentos, e isto levou a unhas ás, cola e fuselaxe máis grandes.
 
O DC-8 foi oficialmente anunciado en xullo de [[1955]]. Inicialmente ofrecéronse catro versións, todas baseadas na mesma fuselaxe de 45,9 m cunha á de 43 m de envergadura, pero variando os seus motores, a capacidade de combustible e o seu peso máximo. Douglas negouse rotundamente a ofrecer distintos tamaños de fuselaxe. O seu voo de estrea estaba planeado para decembro de [[1957]], coa súa entrada en servizo en [[1959]]. Consciente de que estaba por detrás de Boeing, Douglas fixo un gran esforzo para comercializar o produto.
 
[[Categoría:Aviación civil]]