Xoán de Ávila: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 20:
Durante a súa prisión empeza a escribir ''Audi, Filia'' á súa amiga a moza Dona Sancha Carrillo. Xa liberado e reintegrado á súa vida pastoral adica as súas ''Advertencias ao Concilio de Toledo'' ao bispo de [[Córdoba, España|Córdoba]] Cristobal de Rojas. A Xoán de Ávila se lle atribúen a conversión do [[Xoán de Deus]] e de [[Francisco de Borxa]].
 
Fundou colexios como, centros de formación e a [[Universidade de Baeza]]. Nos ''Memoriais do [[Concilio de Trento]]'' pide a creación de seminarios para unha rexeración da [[Igrexa Católica Romana|igrexa católica]]. Consérvanse moitos sermóns sendo unha idea frecuente neles Cristo crucificado como expresión do amor de Deus. Tamén sobreviviu un anaco dun Tratado sobre o Sacerdocio. O seu ''Tratado do Amor de Deus'' está considerado como unha das primeiras xoias teolóxicas en lingua vulgar.
 
Nunca quixo hospedarse na casa dos ricos e refugou os ofrecementos de bispados e o cardenalato (ofrecido por [[Paulo III]]) e nunca aceptou un pagamento polos sermóns. Mantivo amizade con Frei Luis de Granada, que escribirá a súa primeira biografía.