Igrexa de Santa María a Nova de Noia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
lig. cara homónimos
Lameiro (conversa | contribucións)
→‎O cemiterio e o museo: ligazón ó debuxo de Castelao (no Museo de Pontevedra)
Liña 31:
[[Ficheiro:Noia Cemiterio 1.JPG|thumb|250px|Vista xeral da parte sur do cemiterio. Pódense observar algunhas laudas de pedra antigas, algunha reaproveitada con placas de mármore por riba.]]
[[Ficheiro:Noia, Santa María a Nova 01-74.JPG|thumb|250px|Á esquerda, o baldaquino do século XVI, á dereita, outro moderno.]]
O [[cemiterio]] da igrexa de Santa María a Nova rodea a igrexa, de modo que esta o divide en dúas áreas, norte e sur. Na parte norte atópase o Cristo do Humilladoiro [http://www.museo.depo.es/coleccion/catalogo.castelao/ga.03110000.html?TCWMLsJePI], un [[cruceiro]] do século XVI, baixo un [[baldaquino]] <ref>En Galicia só hai constancia de dous baldaquinos exteriores protexendo un cruceiro, este de Noia e outro na Guarda. Existe un segundo baldaquino no cemiterio de Noia, pero é de factura moderna.</ref>. A cúpula do baldaquino, de forma piramidal, mostra dous relevos moi desgastados, un coas catro fases da [[lúa]] e outro cunha escea de [[cinexética|caza]] na que un animal ferido foxe dos cans. [[Castelao]] debuxouno na súa obra ''[[As cruces de pedra na Galiza]]'' [http://www.museo.depo.es/coleccion/catalogo.castelao/ga.03110000.html?TCWMLsJePI].
 
Corre a [[lenda]] de que o cemiterio está feito coa terra que trouxeron desde [[Palestina]] os barcos noieses. Outra lenda conta a orixe do cruceiro e o seu baldaquino: isto eran dous irmáns que se separaron durante o transcurso dunha guerra en [[Xerusalem]]. O irmán maior, por máis que pescudou durante sete anos, non atopou o pequeno e, cando regresou a Noia mandou construí-lo cruceiro en memoria do desaparecido, ó que creía morto. Pero o certo é que o irmán menor caera preso e logrou escapar pero cando volveu, o outro xa morrera, e mandou construí-lo baldaquino sobre o cruceiro do irmán en memoria deste.