Guerra de Kosovo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xoio (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Xoio (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 56:
O portavoz da OTAN expresou brevemente o obxectivo desta operación como: "Expulsión dos serbios, permanencia das forzas de paz, retorno de refuxiados". Isto significaba que as tropas serbias terían que marchar de Kosovo para ser substituídas por forzas de paz internacionais e así asegurar que os refuxiados albaneses puideran volver ás súas casas. Porén, este lema tiña un nefasto duplo significado, causando á OTAN un considerábe apuro tras a guerra, cando uns 200.000 serbios e outras minorías non albanesas fuxiron ou foron expulsadas da provincia. Unha razón non oficial para a guerra deuna implicitamente [[Madeleine Albright]] (Secretaria de Estado dos Estados Unidos): "Para que nos serve ter o mellor exército se non podemos usalo?"; unha observación que, supostamente, causou que o xefe do Estado Maior do exército dos Estados Unidos cuestionara a súa cordura. Tamén se xuxeriu que unha vitoria nunha pequena guerra axudaría a dar á OTAN unha nova función.
[[Ficheiro:Aviano f-15.jpg|thumb|300px|esquerda|Bombardeiro F-15 da OTAN despegando da base de [[Aviano]] ([[Italia]]).]]
[[Ficheiro:Kosovo uranium NATO bombing1999.png|thumb|300px|esquerda|Lugares de Kosovo e do sur de Serbia bombardeados pola OTAN.]][[Ficheiro:aleksinac110499.jpg|thumb|300px|esquerda|Zona residencial bombardeada.]]
[[Ficheiro:aleksinac110499PrizrenCollection2 2010 100 2853.jpgJPG|thumb|300px|esquerda|ZonaEdificios destruídos residencialen bombardeadaKosovo.]]
 
O comezo da campaña ideose para destruír as defensas aéreas serbias e obxectivos de alto valor militar. Os resultados iniciais non foron bos, o mal tempo obstaculizou algunhas intervencións prematuras. A OTAN subestimara seriamente a vontade de resistir de Milošević: poucos en [[Bruxelas]] pensaron que a campaña duraría algo máis que algúns días. Aínda que os bombardeos iniciais foron notábeis, non foron, nin por asomo, como os que se viron en [[Bagdad]] en [[1991]] e, máis adiante, en [[2003]]. Sobre o terreo o combate empeoraba. Despois de unha semana desde que comezara a guerra, ao redor de 300.000 albaneses de Kosovo fuxiran ás veciñas Albania e Macedonia e uns cuantos miles máis se desplazáronse polo interior de Kosovo. En abril, as Nacións Unidas informaron que fuxiran das súas casas 850.000 persoas, a gran maioría albaneses.
Liña 65:
 
O ministro alemán de Asuntos Exteriores [[Joschka Fischer]] afirmou que a crise dos refuxiados producírase por un plan serbio denominado "[[Operación Ferradura]]". Aínda que a existencia dun plan con ese nome é aínda un asunto de continua discusión, as Nacións Unidas e as organizacións internacionais para a defensa dos dereitos humanos estaban convencidas de que a crise dos refuixados fora o resultado dunha política deliberada de [[limpeza étnica]]. Unha análise estatística posterior á guerra sobre os patróns de desprazamento, dirixido por Patrick Ball da ''Asociación americana para o avance da ciencia'' encontrou unha correlación directa entre as operacións das forzas de seguridade serbias e os fluxos cara ao exterior de refuxiados, tendo moi pouco efecto nestes últimos as operacións da OTAN.<ref>[http://shr.aaas.org/kosovo/pk/toc.html American Association for the Advancement of Science. Political Killings in Kosova/Kosovo] {{en}} Consultada o 23/12/2011.</ref> Houbo outra evidencia de que a crise dos refuxiados fora fabricada artificialmente: algúns refuxiados informaron que os seus documentos de identidade foran confiscados por forzas de seguridade, facendo máis difícil para eles probar de forma indiscutíbel que eran ciudadáns iugoslavos. Unha vez rematado o conflico, as fontes serbias informaron de que algúns dos que se uniron no retorno dos refuxiados eran de feito albaneses procedentes de fóra de Kosovo. Unha parte deste grupo poderían ser os indocumentados.
[[Ficheiro:Milo Đukanović.jpg|thumb|150px|Milo Djukanović.]]
 
Non está claro o que buscaba Milošević expulsando aos habitantes albaneses de Kosovo. Unha posibilidade é que desexara reemprazar a poboación albanesa con refuxiados serbios de [[Bosnia]] e [[Croacia]], logrando por tanto unha "serbianización" da provincia. O que si está moi claro é que a OTAN, o desexara ou non, logrou unha considerábel vantaxe propagandística da fuixida de Kosovo. Se era o que pretendían, foi un gran éxito, xa que acabou convencendo á poboación dos países membros da OTAN de que tiñan que vencer neste conflito.
Liña 73 ⟶ 74:
 
Atacáronse os chamados ''obxectivos de uso dual'', usados á vez por civís e militares. Estes incluían pontes sobre o [[Danubio]], fábricas, centrais eléctricas, instalacións de telecomunicacións, e aqueles que resultaron particularmente controvertidos, a sede dos esquerdistas iugoslavos (un partido político dirixido pola esposa de Milošević) e a torre de radiodifusión da televisión estatal serbia. Algúns viron estas accións como violacións das leis internacionais e en particular da [[convencións de Xenebra|convención de Xenebra]]. A OTAN, porén, argumentou que estas instalacións eran potencialmente útiles para os militares serbios e, por tanto, o seu bombardeo estaba xustificado. A alianza tamén mantivo que se esforzou en evitar vítimas civís durante a campaña de bombardeos.
[[Ficheiro:Anti-American Protests Liu Kai b1.jpg|thumb|300px|Protesta antinorteamericana en [[Beijing]].]]
 
A comezos de maio unha aeronave da OTAN atacou un convoi de refuxiados albaneses, alegando que se creu que era un convoi militar serbio; morreron ao redor de 50 persoas. A OTAN tardou cinco días en admitir a súa responsabilidade, chamándo un erro. Porén, os serbios acusaron á OTAN de atacar deliberadamente aos refuxiados. O 7de maio, bombas da OTAN impactaron na embaixada chinesa de [[Belgrado]], matando a varios diplomáticos chineses e indignando á opinión pública chinesa. Os Estados Unidos e máis tarde a OTAN pediron desculpas polo bombardeo, aclarando que o sucedido fora debido a un mapa obsoleto da rexión proporcionado pola [[CIA]]. Este argumento foi contradito conxuntamente polos xornais ''The Observer'' (Reino Unido) e ''Politiken'' (Dinamarca), <ref>[http://www.guardian.co.uk/Kosovo/Story/0,2763,203214,00.html ''The Guardian/The Observer''. Kosovo Story. Nato bombed Chinese deliberately.] {{en}} Consultada o 23/12/2011. </ref> os cales informaron que a OTAN bombardeou de forma deliberada a embaixada porque funcionaba como repetidor para os sinais de radio do exército iugoslavo. Tamén se dixo que foi debido a que desde a embaixada analizábanse os voos dos avións invisíbeis estadounidenses. O bombardeo tensou as relacións entre China e os países da OTAN e provocou que no exterior das embaixadas occidentais en [[Beijing]] se deran mostras de enfado e malestar.