Douglas DC-8: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Beninho (conversa | contribucións)
amplío de en.wiki
Beninho (conversa | contribucións)
Liña 29:
 
En [[1952]], Douglas seguía sendo o construtor comercial máis exitoso. A compañía tiña ao redor dos 300 pedidos para o DC-6 e para o seu sucesor, o DC-7, ao que lle quedaban dous anos para entrar en servizo. Os desastres do Comet, e a consecuente perda de interese das aeroliñas polos reactores, pareceron demostrar que foi unha boa decisión manterse na fabricación de avións propulsados por motores de pistóns.
 
=== Competición ===
En contraste, [[Boeing]] tomou a decisión de comezar a deseñar un reactor puro a principios de [[1949]]. A división militar de Boeing gañara bastante experiencia con grandes reactores de longo alcance, como o [[Boeing B-47 Stratojet|B-47 Stratojet]] (que voou por vez primeira en 1947) e o [[Boeing B-52 Stratofortress|B-52 Stratofortress]] (en 1952). Con milleiros dos seus grandes bombardeiros a rección pedidos ou en servizo, Boeing desenvolveu unha estreita relación co Mando Aéreo Estratéxico (SAC). Boeing tamén subministraba ao SAC avión de reabastecemento en voo, o modelo de pistóns [[Boeing KC-97 Stratotanker|KC-97 Stratotanker]], pero resultou ser demasiado lento e cun teito de servizo demasiado baixo para poder ser usado comodamente cos novos bombardeiros. O B-52, particularmente, tiña que descender dende a súa altitude de cruceiro e decelerar ata case a súa velocidade de perda para traballar co KC-97, incluso cando a este se lle instalaron reactores para aumentar a súa velocidade.
 
Convencida da necesidade dun avión de repostaxe equipado con reactores, Boeing comezou a traballar nun avión a reacción puro que puidese ocuparse dese rol e tamén que fose adaptable como avión comercial. No seu papel comercial debería ter unha capacidade de pasaxeiros semellante ao Comet, aínda que a súa á lle daría unha maior velocidade e mellor alcance. Presentado en [[1950]] como Model 473-60C, Boeing non conseguíu o interese das aeroliñas. Porén, a compañía estaba convencida de que o proxecto valía a pena, e decidíu seguir adiante cun prototipo, o "Dash-80". Despois de gastar 16 millóns de dólares dos seus propios cartos na construción, o Dash-80 foi presentado o [[15 de maio]] de [[1954]], e realizou o seu primeiro voo un mes despois.
 
[[Categoría:Aviación civil]]