Primeira división española de fútbol feminino: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
JonnyJonny (conversa | contribucións)
Comezo o artigo
 
JonnyJonny (conversa | contribucións)
continúo
Liña 1:
A '''Primeira División Feminina''', antigamente chamada ''Superliga'', é a máxima categoría da liga española de [[fútbol]] feminino., Trátaseque dunorganiza campionatoa creado[[RFEF]] endende [[1988]], que actualmente consiste nun grupo único de 18 equipos que disputan unha liga regular de 34 xornadas nas que cada equipo xoga 2 encontros fronte ós outros 17, un como local e outro como visitante. O vixente campión de liga é o [[Rayo Vallecano de Madrid]], mentres que os clubs mais loureados na historia do torneo son o [[Athletic Club EFT]] e o [[Levante Unión Deportiva]], con 4 títulos cada un.
 
==Formato==
Creada en [[1988]] co nome de ''Liga Nacional de fútbol feminino'', na súa primeira edición (1988-89) constou dun único grupo con 9 equipos. Nas seguintes edicións introducíronse varios cambios no seu formato, de xeito que durante anos foi un torneo no cal os equipos estaban divididos en 4 grupos según criterios xeográficos, e que ó remate da tempada regular xuntaba ós gañadores de cada grupo nunha localidade e enfrontábaos entre sí nunha [[final a 4]] polo título.
 
A tempada 2001-02 foi a primeira coa denominación ''Superliga'', que trouxo consigo o formato clásico de liga cun grupo único, no cal había 12 equipos. Ese número de equipos medrou na tempada 2003-04 a 14, e na tempada 2008-09 a 16.
 
A edición 2009-10 voltou ó antigo sistema de varios grupos e varias fases, cun crecemento no número de equipos de 16 a 24, o cal provocou moitas críticas entre o colectivo de xogadoras. Non obstante, o sistema mantívose na seguinte tempada, cun equipo mais.
 
Na actual tempada 2011-12, o nome ''Superliga'' foi trocado polo de ''Primeira División'', e o formato consiste novamente nun grupo único de 18 equipos, que disputan unha liga regular de 34 xornadas nas que cada equipo xoga 2 encontros fronte ós outros 17, un como local e outro como visitante.
 
==Equipos==
==Palmarés==