Gustavo V de Suecia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Calq (conversa | contribucións)
Calq (conversa | contribucións)
Liña 87:
 
A mañá do [[29 de outubro]] de 1950, Gustavo V faleceu no Palacio de Drottninglhom, a causa dunha [[bronquite]] que se lle complicou. O [[9 de setembro]] tivo lugar o enterro na [[Igrexa de Riddarholmen]], en Estocolmo. Culminou así o seu reinado de 43 anos.
 
== Vida privada ==
Foi un segredo oficial que o rei era [[homosexualidade|homosexual]] e na súa vellez xa non se molestou en ocultalo. Unha suposta relación homosexual con Kurt Haijby desatou o chamado [[asunto Haijby|escándalo Haijby]], durante o cal se demostrou que a coroa pagara grandes sumas de diñeiro para manter o silencio, e que se intentara botar a Haijby do país ou que se meteu a este inxustificadamente nun psiquiátrico. O rei non foi consciente probablemente destes feito ou polo menos non estivo implicado directamente, mais o escándalo desatouse no comezo dos anos 1950 cando o publicou [[Vilhelm Moberg]].
 
Gustavo V foi un destacado xogador de [[tenis]], deporte onde utilizaba en [[pseudónimo]] ''Mr. G''. Obtivo fama internacional e o seu nome foi incluído no [[Salón Internacional da Fama do tenis]] en [[1980]]. Nese tempo, o tenis era un deporte de escaso prestixio en Suecia, mais a participación do rei fixo que aumentara a súa popularidade. Gustavo coñeceu o deporte durante unha visita a Inglaterra en [[1876]] e tras o seu regreso a Suecia fundou o primeiro club no seu país. Nas súas viaxes á riviera francesa, foi visto xogando en múltiples ocasións. Durante a segunda guerra mundial, intercedeu ante Hitler para obter mellor trato para os campións [[Jean Borotta]] e [[Gottfried von Cramm]], tenistas prisioneiros dos alemáns.
 
Foi nomeado membro da [[Insigne Orde do Toisón de Ouro]] o [[30 de xuño]] de [[1881]].
 
{{Gobernante|
Liña 96 ⟶ 103:
DATA_SAIDA=[[1950]]|
}}
 
{{personalidades en progreso}}
 
[[Categoría:Reis de Suecia]]