Gustavo V de Suecia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Calq (conversa | contribucións)
Calq (conversa | contribucións)
Liña 52:
 
Os príncipes realizaron varias viaxes a partir de [[1890]], entre elas unha a [[Exipto]]. En [[1898]], a princesa Vitoria enfermou e por motivos de saúde tivo que viaxar frecuentemente a [[Roma]].
 
== Rei de Suecia ==
[[Ficheiro:Gustav5.jpg|thumb|left|200px|Gustavo V.]]
O [[8 de decembro]] de [[1907]], Gustavo V sucedeu a seu pai como rei de Suecia. Por iniciativa propia decidiu que o monarca sueco xa non tiña que ser coroado. Por lei, o rei estaba impedido para intervir en política, mais Gustavo decidiu enfrontarse ao primeiro ministro [[Karl Staff]], de formación liberal. O rei opúxose, en concordancia coas clases altas do país e un sector considerable de campesiños, á política pacifista de Staff que trataba de impedir o [[armamentismo]] de Suecia fronte a unha inevitable guerra en [[Europa]]. A marcha labrega de 1914 en favor do rei e o discurso político de Gustavo V nesa ocasión provocou a dimisión de Staff en protesta pola intromisión ilegal do monarca na vida política.
 
=== Primeira guerra mundial ===
O [[18 de decembro]] de [[1914]] Gustavo V organizou o ''encontro dos tres reinos'' en [[Malmö]], xunto cos demais gobernos nórdicos, onde se pronunciou a favor da solidariedade nórdica fronte ás potencias europeas e da política de neutralidade na [[primeira guerra mundial]]. Así Gustavo V trataba de pór fin aos rumores que falaban dun arrimo a [[Alemaña]], pois entre [[1911]] e [[1914]], os reis Gustavo e Vitoria apoiaran a alianza militar con Alemaña.
 
Nos anos da guerra en Europa, Suecia foi sacudida por duros acontecementos, entre eles a [[fame negra]] no campo, o abrollo dunha epidemia de [[gripe española]] e o afundimento dun buque sueco polos alemáns en [[1916]]. En [[1918]] faleceu o fillo menor do rei, o príncipe Erik, vítima da epidemia.
 
=== Período de entreguerras ===
A saúde da raíña Vitoria empeorou neses momentos, e tivo que estar un tempo máis prolongado no estranxeiro, e Roma e [[Baden-Baden]] convertéronse no seu segundo fogar. A raíña faleceu en Villa Svezia, a súa casa en Roma o [[4 de abril]] de [[1930]].
 
Despois da guerra mundial, Gustavo V dedicouse á súa política báltica, que incluía a incorporación das [[illas Åland]] a Suecia. Opúxose en certa medida ás sancións económicas que se fixaron para Alemaña no [[tratado de Versalles]], e expresou en máis dunha ocasión a súa preocupación polos brotes [[comunismo|comunistas]] en Europa. No parlamento, a esquerda ameazou con cambios constitucionais e en [[1918]] o rei tivo que aceptar o [[parlamentarismo]], que debilitou considerablemente a monarquía sueca.
 
Nos inicios da década de 1930, Suecia viuse afectada pola crise económica mundial. En [[1931]], [[Adolf Hitler]] e [[Joseph Goebbels|Goebbels]] foron convidados a expoñer conferencias en Estocolmo, invitados polo líder nacionalsocialista sueco [[Birger Furugård]]. O permiso foi denegado polo goberno sueco.
 
Coa invención da [[radio (medio de comunicación)|radio]], Gustavo V converteuse no primeiro monarca sueco en falar directamente cos seus súbditos por este medio, e de feito, utilizouno con frecuencia, como no discurso do [[27 de outubro]] de [[1936]], o día dos países nórdicos, onde chamou á unidade entre os escandinavos. En [[1937]] Adolf Hitler prohibiulle aos alemáns aceptar os [[premio Nobel|premios Nobel]], situación que evidenciou as malas relacións entre ambos países, que Suecia tratou de distender dada a súa inferioridade militar.
 
[[Ficheiro:Gustavgoring1939.JPG|thumb|250px|O rei Gustavo V xunto co seu neto o príncipe [[Gustavo Adolfo, duque de Västerbotten|Gustavo Adolfo]] (esquerda) e [[Hermann Göring]] (centro) en Berlín en 1939.]]
Tanto o rei como o príncipe herdeiro participaron en reunións con líderes da Alemaña nazi. Aínda que se tratou de vincular estes feitos con presuntas simpatías nazis do rei, outras versións interpoñen os motivos diplomáticos. Entrevistouse con Hitler en Berlín en [[1933]], ao que lle demandaría suavizar a súa política persecutoria cara aos xudeus. A petición de [[Franklin Delano Roosevelt]], en [[1938]] participou en negociacións co fin de asegurar a paz co goberno alemán.
 
=== Segunda guerra mundial ===
Ao estallar a [[Segunda guerra mundial]] en [[1939]], o [[3 de setembro]] dese ano o goberno de Suecia, encabezado por [[Per Albin Hansson]], adoptou formalmente unha política de neutralidade, decisión que foi cualificada de "sensata" polo ministro alemán de exteriores [[Joachim von Ribbentrop]] en [[1940]]. O rei Gustavo uniuse a esta decisión, e convocou aos gobernos dos catro estados nórdicos (esta vez incluída [[Finlandia]]) a unha reunión o [[18 de outubro]] de [[1939]]. Nesa reunión, Gustavo convocou unha posición neutral conxunta e a colaboración económica e humanitaria entre os países nórdicos. Cando Noruega se viu involucrada no conflito, Gustavo V avogou pola axuda a este país, en aras do compromiso adquirido na reunión de 1939. Esta posición puxo o rei nunha situación de confrontación parcial co primeiro ministro.
 
O rei Gustavo recibiu con desagrado a presión que exerceu Alemaña sobre o rei [[Haakon VII]] de Noruega para que este abdicara. O mesmo ano de [[1940]], o goberno alemán esixiu dereito de libre tránsito das súas tropas por territorio sueco. O [[17 de xuño]], Gustavo V enviou un telegrama a Hitler, no que lle demandaba "moderación" en canto ás esixencias de dimisión a Haakon VII. O rei apelou á súa consanguinidade coa familia real norueguesa.
 
Ao primeiro ministro Per Albin Hansson, o rei pedíalle que aceptara o paso de tropas alemás polo norte de Suecia rumbo a Finlandia e incluso ameazou con depor a coroa se non accedía ás peticións nazis, pois iso implicaría un conflito con Alemaña. Tanto o rei como o príncipe herdeiro Gustavo Adolfo pronunciáronse posteriormente a favor do tránsito de tropas aliadas en Suecia, o que foi rexeitado polo goberno parlamentario. Mais o [[8 de xullo]], o ministro Hansson decidiu permitir o tránsito de tropas alemás, argumentando que o permiso non implicaba a entrada no conflito. Non obstante, esa circunstancia, que tratou de manterse en secreto, puxo en risco a neutralidade de Suecia na guerra.
 
Facendo uso do seu talento diplomático, o rei ofreceuse en agosto de 1940 como mediador para posibles negociacións de paz entre Reino Unido e Alemaña. No seu aniversario 85, en [[1943]], ofreceu un discurso no que daba a súa visión acerca da súa función na política; segundo el, en casos normais un monarca constitucional debía manterse neutral nos aspectos políticos, pero en casos especiais, como nunha guerra, estaba obrigado a axudar ao seu país fronte ás adversidades.
 
=== Posguerra ===
Despois da guerra, o rei comezou a viaxar constantemente a [[Niza]], na [[Riviera francesa]], onde permanecía por longos períodos. En [[1948]] festexou os seus 90 anos cunha grandiosa celebración. Nese tempo foi evidente a diminución física do monarca, e na apertura do parlamento de [[1950]] o trono estaba baleiro.
 
A mañá do [[29 de outubro]] de 1950, Gustavo V faleceu no Palacio de Drottninglhom, a causa dunha [[bronquite]] que se lle complicou. O [[9 de setembro]] tivo lugar o enterro na [[Igrexa de Riddarholmen]], en Estocolmo. Culminou así o seu reinado de 43 anos.
 
{{Gobernante|