Xogo do pau: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Luckas-bot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (Bot: Engado: ast:Jogo do pau
Sen resumo de edición
Liña 1:
{{Artes Marciais}}
[[Ficheiro: malta_do_Ateneu_1.jpg|thumb|200px|right|Exhibición de xogo do pau na rúa]]
O '''xogo do pau''' (en [[Lingua portuguesa|portugués]] ''jogo do pau'') é un tipo de combate tradicional galego e português, unha [[artes marciais|arte marcial]]. En Portugal o seu uso está codificado, mentres que na Galiza está testemuñado en cantigas, contos e outras formas de acervo popular oral, así como nas testemuñas de persoas de idade que o praticaran na sua infancia e xuventude.
 
==Historia do Xogo do Pau==
En moitas sociedades a [[espada]] desenvolveuse como unha arma á que lle atribuían un carácter sagrado, de xeito que só podían levala e empregala os nobres guerreiros. Ao pobo prohibíaselle ou pexábaselle usar dela, polo que tiña que desenvolver métodos de combate alternativos, ás mans ou con ferramentas e trebellos das angueiras diarias. Quen estea familiarizado coa [[historia do karate|historia]] do xurdimento do [[karate]] (que significa ''ás mans'' en [[xaponés]]) en Oquinava, sabe que se desenvolveu en paralelo o [[kobudo]], que inclúe técnicas de uso de [[fouce]]s, [[pau]]s ou [[mallo]]s. Era este arsenal o que podían usar os labregos ou os mariñeiros para rexeitaren os ataques dos [[samurai]]s, que viñan armados con [[catana]]s e outros artefactos bélicos. Tamén en [[Portugal]] e na [[Galiza]] apareceu un sistema de loita tradicional que empregaba os [[caxato]]s que usaban os labregos e os pastores, e que se coñeceu por ''jogo do pau'', se ben aquí o termo se refire non tanto a brincadeira como ao manexo ou á técnica.
 
Ben entrado o [[século XX]] eran frecuentes por Portugal enteiro, e especialmente no norte do país, e na Galiza os combates de pau nas feiras e romarías. Ás veces estaban implicadas nestas liortas aldeas enteiras, noutras os combates eran individuais, ou dun contra varios. Era o tempo dos ''puxadores'' (nome que lles daban aos loitadores do norte) e dos ''varredores de feiras'' (combatentees de sona que acudían ás feiras e romarías para desafiaren outros e probar o seu valor a través da vitoria contra todos).
 
Un loitador, [[Mestre Monteiro]], orixinario da rexión de [[Fafe]], conta que na mocidade do pai había dúas poboacións que ían aos domingos á mesma capela, levando os homes e os mozos cadansúa vara, de xeito que cando se axeonllaban na [[misa]] se vían todos os paus en saíndo dereitos por riba das cabezas. Despois da cerimonia era frecuente, nunha eira de alí preto, pelexas entre os rapaces das dúas aldeas, que comezaban por calquera pequena razón (un piropo a unha rapaza do outro lugar, os ciúmes dun namorado, unha discusión polo paso dun regato... e que se resolvían a paus. Con todo, o combate posuía as súas regras. Había un código ético, que prohibía os loitadores bateren en home que non tivese pau, ou que estivese no chan.
Liña 30:
* [http://youtube.com/watch?v=GlxWt6sIq3k Xogo do Pau - filme 3]
* [http://videosmarciais.wordpress.com/2006/10/25/jogo-do-pau-ii/ Xogo do Pau - filme 4]
* [http://videosmarciais.wordpress.com/2006/10/25/jogo-do-pau-i/ Xogo do Pau na Primeira Guerra Mundial - filme 5]
* [http://www.xuventudegalicia.net/web/index.php?option=com_content&view=article&id=10&Itemid=7 Curso de Xogo do Pau ministrado por Xuventude de Galiza]
 
[[ast:Jogo do pau]]