Gaio (ave): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Luckas-bot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (Bot: Engado: et:Pasknäär
m →‎Alimentación: Ovo (bioloxía)
Liña 20:
 
== Alimentación ==
O espectro alimentario da especie é moi amplo e inclúe alimentos das orixes máis variadas. Comen [[invertebrado]]s e as súas [[larva]]s, pero tamén [[Ovo (bioloxía)|ovo]]s e polos que rouban dos niños e, máis ocasionalmente pequenos vertebrados como [[rato]]s e [[réptil]]es. A súa dieta vexetal componse de landras, noces, froitas, baias, leguminosas, sementes de gramínea e mesmo patacas. A alimentación de orixe animal ten máis importancia durante o tempo da cría dos polos.
Durante o outono os gaios almacenan castañas, noces e landras en furados debaixo da casca das árbores, nos troncos ou no chan, o que favorece que poidan dispoñer de landras para comer durante todo o ano. Debaixo do bico teñen un peto no que poden gardar as sementes que recollen. A bolsa ten capacidade para gardar tres ou catro landras, o que lles facilita o transporte dos alimentos ata as despensas. Para atopar os seus silos, memorizan puntos de referencia e mesmo colocan pedriñas a xeito de balizas. Se os puntos de referencia desaparecen ou se desprazan, son incapaces de atopar máis tarde os alimentos. Estímase que un gaio pode carrexar por este sistema ata unhas mil landras ó ano, colaborando con isto á dispersión de determinadas especies de árbores, polo que se fala a veces de "sementeiras de gaio" para referirse os soutos que teñen a súa orixe probable en sementes enterradas polos gaios.
 
== Conduta reprodutora ==