Melanosoma: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 15:
Nalgúns melanocitos os melanosomas permanecen estáticos dentro da célula. Noutros tipos de melanocitos, polo contrario, a célula pode expandirse formando [[pseudópodo]]s, que levan melanosomas, e que os afastan así do centro da célula, incrementando deste modo a efectividade na absorción de luz.
 
Esta formación de pseudópodos sucede lentamente nos melanocitos dérmicos en resposta á [[ultravioleta|luz ultravioleta]], á vez que se incrementa a produción de novos melanosomas e aumenta a transferencia ou "doación" de melanosomas aos [[queratinocito]]s adxacentes (as células comúns da [[epiderme]] da pel). Esta cesión de melanosomas ten lugar porque algúns queratinocitos poden fagocitar o extremo dos pseudópodos dos melanocitos, os cales conteñen moitos melanosomas. A [[dineína]] [[citoplasma|citoplásmica]] é a encargada de levar as vesículas cargadas de melanina ao centro do queratinocito, dispoñéndoos arredor do seu núcleo.
 
Todo este conxunto de cambios na concentración de melanosomas nos queratinocitos é o responsable de que nos poñamos morenos despois de expoñermos a pel aos raios ultravioleta ou á luz do sol.