Álvaro Pino: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 23:
Outras vitorias importantes serían a [[Subida ao Naranco]] en [[1982]], a [[Volta a Cataluña]], dúas tiradas e a [[Escalada ao Montjuic]] en [[1987]]. Ademais da mencionada vitoria na Volta a Cataluña de 1987, foi segundo en [[1986]], cuarto en [[1988]] e terceiro en [[1989]]. Na Subida ao Naranco, ademais da devandita vitoria, foi dúas veces terceiro: en [[1987]] e [[1989]]. Tras a vitoria de [[1987]], na Escalada ao Montjuic foi segundo en [[1988]].
 
Na [[VueltaVolta a Asturias]] subiu tres veces ao podio: foi terceiro en [[1982]], segundo en [[1983]] e terceiro en [[1989]]. Foi terceiro no [[Gran Premio de Navarra]] (hoxe [[Premio Miguel Indurain]]) en [[1985]], tamén terceiro na [[Subida ao Urkiola]] en [[1988]] e segundo na [[Klásica de Primavera]] de [[1989]].
 
Na [[Volta a Galicia]], a súa mellor posición foi 2º en [[1988]], ano en que gañou tamén unha tirada e o Gran premio da Montaña. Tamén gañou o Gran premio da montaña da Volta a Galicia de [[1987]] e o da [[Volta ao País Vasco]] de [[1988]].