Nine Inch Nails: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Beninho (conversa | contribucións)
m arranxo
Beninho (conversa | contribucións)
m ref.
Liña 27:
 
=== ''Pretty Hate Machine'' ===
Escrito, arranxado e interpretado por [[Trent Reznor]], o primeiro álbum de Nine Inch Nails, ''[[Pretty Hate Machine]]'', apareceu o [[20 de outubro]] de [[1989]] a través do selo [[TVT Records]]<ref>http://www.ninwiki.com/Pretty_Hate_Machine</ref>. O traballo marcou a primeira colaboración de Reznor con [[Adrian Sherwood]] (que produciu o sinxelo principal, "[[Down in It]]", en [[Londres]] sen coñecelo persoalmente) e con [[Flood|Mark "Flood" Ellis]]. A produción de [[Flood]] aparece na maioría das principais edicións de Nine Inch Nails ata o ano [[1994]], e Sherwood fixo remesturas para a banda ata os anos 2000. Reznor e os seus co-produtores expandiron as demos do Right Track Studio engadindo os sinxelos "[[Head Like a Hole]]" e "Sin". Após pasarse 113115 semanas na lista ''[[Billboard 200]]''<ref>[http://www.billboard.com/#/album/nine-inch-nails/pretty-hate-machine/12508 ''Pretty Hate Machine'' nas listas da ''Billboard'']</ref>, ''[[Pretty Hate Machine]]'' converteríase nun dos primeiros discos independentes en conseguir a certificación de platino. A [[MTV]] emitiu os vídeos de "Down in It" e "Head Like a Hole", pero un explícito vídeo de "Sin" só sería editado en [[1997]] no VHS ''[[Closure]]''.
 
En [[1990]], NIN comezou a ''Pretty Hate Machine Tour Series'', na cal xirou por Norteamérica e foi entrante de artistas como [[Peter Murphy]] e [[The Jesus and Mary Chain]]. Nine Inch Nails embarcouse posteriormente nunha xira mundial pasando tamén pola primeira edición do ''[[Lollapalooza]]'' en [[1991]]. Despois dunha pobre recepción en Europa como entrante de [[Guns N' Roses]], NIN volveu aos [[Estados Unidos]] no medio de presións por parte de TVT para producir a continuación de ''[[Pretty Hate Machine]]''. En resposta, Reznor comezou a gravar en segredo baixo varios pseudónimos para evitar as interferencias da compañía.
 
=== ''Broken'' ===