Abrir o menú principal

Cambios

arranxos
{{Goberno Romano|right}}
O '''senado''' (do [[latín]] "senex, senis", ancián) foi unha das [[institución]]s do goberno da [[Roma antiga Roma]]. Orixinouse como unha institución consultiva da [[monarquía romana]], formado exclusivamente por [[patricio]]s (un representante de cada ''[[gens]]''), e adquiriu maiores [[prerrogativas]] coa [[Roma (República)|República]], en que pasou a referendar a través da súa ''[[auctoritas]]'' os actos dos [[cónsul romano|cónsul]]es, estendendo a súa competencia aos actos doutros [[Maxistraturas romanas|maxistrados]] e [[Comicios Romanos|Comicios]], temas relixiosos, conflitos entre maxistrados, policía, crimes con pena capital cando esta era conmutada, cuestións militares e financeiras e tratados internacionais.
 
== Historia ==
O senado romano desapareceu nos turbulentos anos do [[século VI]] nos que as tropas do rei [[ostrogodo]] [[Tótila]] loitaban á desesperada contra as tropas de imperiais de [[Xustiniano]], dirixidas por [[Belisario]], mentres que no resto dos reinos bárbaros nados da ruína de Roma, os senadores foron fundíndose progresivamente coa nobreza xermánica dirixente.
 
Nas cidades sometidas pola [[AntigaRoma antiga|antiga Roma]] establecíase un '''Consello de Cen Anciáns''' ('''[[Centumviri]]'''), cada un dos cales era o cabeza de dez casas (dez casas = unha ''gens''), de onde xorde a denominación.
 
== Véxase tamén ==
50.010

edicións