Asiria: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
Servando2 (conversa | contribucións)
Liña 8:
 
== Historia ==
Sometidos ó principio á dominación de [[Sumeria|Sumer]], e despois á de [[Acad]], os asirios fan a súa aparición na Historia no transcurso da primeira metade do terceiro milenio a.C. (fundación de [[Assur]]). No século XVIII a.C. construíron o primeiro Imperio (reino de [[Samši-Adad I]]) pero o seu desenvolvemento foi roto por [[Babilonia]] (conquista de [[Hammurabi]]). A potencia asiria manifestouse novamente no século XII a.C. con [[Teglatfalasar I]] (1112-1074 a.C.), vencedor dos [[arameos]] e grazas á súa organización militar impúxose plenamente baixo o reinado de [[Teglatfalasar III]] (746-727 a.C.), que anexionou [[Siria]] e exerceu o seu control sobre Babilonia. Baixo a dinastía dos [[Sargónidas]], comezada por [[Sargón II]] (721-705 a.C.), Asiria coñeceu unha prosperidade sen precedentes, estendeuse por toda [[Asia]] occidental desde [[Persia]] ata o [[Mediterráneo]], e chegou ata [[Tebas, (Exipto)|Tebas]] e [[Exipto]], sometido por [[Assurbanipal]] (669-631 a.C.). As súas grandes cidades son [[Assur]], [[Nínive]], [[Nimrod]] e [[Dũr-Sarrukîn]] (na actualidade, [[Korsabad]], cidade de [[Irak]]), nova capital dos Sargónidas. Pero a inmensidade deste imperio fíxoo vulnerable: afundiuse definitivamente no 614-612 a.C. (caída de Nínive), incapaz de resisti-los ataques dos exércitos [[medas|medos]] e dos babilonios.
 
== Arte: ==