Mitoloxía galega: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
retiro contido que non se corresponde co título, e pásoo á páxina de conversa para non perdelo
Liña 7:
 
Porén, non todos os mitos teñen por que ter este propósito explicativo. A maioría deles están relacionados cunha forza natural ou cunha [[deidade]], pero moitos son simplemente historias e lendas que se foron transmitindo oralmente de xeración en xeración.
 
==A Mitoloxía galega==
===Os primeiros poboadores===
{{AP|Galicia Prehistórica}}
Dado que o territorio de [[Galicia]] está habitado polo home desde a máis remota antigüidade (recordemos que as primeiras probas líticas de presenza humana na nosa terra se remontan a uns 300.000 anos, no [[Paleolítico Inferior]], durante o [[Pleistoceno|Pleistoceno medio]]),<ref>[http://www.galiciae.com/nova/15953.html?lang=gl Achados os mellores restos de neandertais en Galicia nunha cova de Triacastela.]</ref> e das sucesivas invasións que, ao longo dos séculos, foron chegando, non nos debe estrañar que a galega sexa unha mitoloxía rica e abondosa.
 
[[Ficheiro:Castro de BaroNa.Galiza.jpg|thumb|200px|[[Castro de Baroña]], [[Porto do Son]].]]
A finais da [[Idade do Ferro]], as xentes do extremo noroccidental da [[península Ibérica]] conformaban xa unha unidade cultural homoxénea que as diferenciaba do resto e que, tempo despois, sería así percibida polos primeiros autores grecolatinos, que denominaron a este conxunto de pobos co nome [[latín|latino]] de ''Gallaeci'' ou ''Callaeci'', derivado do [[lingua grega|grego]] Καλλαϊκοί (se cadra pola aparente similitude cos xa coñecidos ''Galli'' ([[galos]]) e ''Gallati'' ([[gálatas]]).
 
Os ''Gallaeci'' ou [[galaicos]] foron orixinariamente un pobo [[indoeuropeos|indoeuropeo]] de [[linguas celtas|lingua celta]]<ref>Eugenio R. Luján Martínez, [http://www.uwm.edu/Dept/celtic/ekeltoi/volumes/vol6/6_16/lujan_6_16.pdf The Language(s) of the Callaeci] {{en}}.</ref>, por tanto, [[celtas]] para uns autores, ou celtizados para outros —sen que exista pleno consenso entre os investigadores— que ocuparon durante séculos aproximadamente o territorio da actual [[Galicia]] e norte de [[Portugal]], limitando ao sur cos [[Lusitania (provincia)|lusitanos]] e ao leste cos [[ástures]]. Son en si os primeiros "galegos", nome actual que deriva de ''Gallaeci''.
 
O modo de hábitat dos galaicos baseábase na ocupación do territorio sobre todo en poboados fortificados, que reciben o nome de [[Castro (poboado)|castros]], e que poden variar o seu tamaño desde pequenas aldeas de menos de unha hectárea, máis usuais no norte, a dos grandes castros de máis de dez hectáreas, denominados ''oppida'' ou "citanias", estando estes máis presentes na metade sur do seu poboamento tradicional.<ref>[http://www.arkeotavira.com/Mapas/Iberia/Populi.htm Mapa dos pobos prerromanos], cara ao 200 a.C.</ref> <ref>Caamaño Gesto, José Manuel. ''A Gran Historia de Galicia. Cultura Castrexa. Volume 1: Ocupación do territorio e cultura material''.</ref>
[[Ficheiro:Castro de Briteiros.jpg|thumb|center|600px|[[Citania de Briteiros]], [[Guimarães]], [[Portugal]].]]
 
Este xeito de habitar o territorio, en castros, foi común en toda [[Europa]] durante as Idades do Bronce e do Ferro, recibindo no noroeste da [[Península Ibérica]] o nome de ''cultura dos castros'' ou "[[cultura castrexa]]", que alude a este tipo de manifestación cultural antes da chegada de Roma. Con todo os galaicos seguirían a habitar castros até o [[século VIII]] d.C. Só no territorio da Galicia actual chegan a contabilizarse máis de dous mil castros, o que revela unha das maiores dispersións poboacionais da Idade do Ferro en toda [[Europa]], que sería en boa medida a orixe da ocupación galega do territorio herdada até o presente, e caracterizada por pequenas e numerosísimas poboacións pouco distantes entre si.
 
A organización [[política]] dos galaicos artellábase en pequenos estados independentes entre si compostos por un numero dispar de castros, encabezados estes estados pola figura dun rei local que os romanos denominaron ''princeps'' como noutras partes de [[Europa]]. Cada galaico identificábase a si mesmo como membro do castro que habitaba (segundo a interpretación máis común do C invertido da epigrafía posterior) así como do estado/pobo ao que pertencía, e que os [[Imperio Romano|romanos]] denominaron ''populus'', entre os que atopamos numerosos nomes como ''[[arrotrebas|arrotrebi]], [[albións|albioni]], celtici supertamarici, [[lemavos|lemavi]], [[nemetatos|nemetati]]'', etc., do mesmo xeito que até finais do [[século XVIII]] a xente en Galicia se identificaba coa [[Parroquia eclesiástica galega|parroquia]] e a [[comarca]].
 
===Romanización (19 a.C. - 409 d.C.)===
{{AP|Romanización de Galicia|Gallaecia}}
 
[[Ficheiro:Galician-roman-wall.jpg|thumb|esquerda|150px|Muralla romana de Lugo.]]
[[Ficheiro:Geira Milha XXIX detalhe.jpg|esquerda|thumb|150px|Miliario XXIX na [[Vía Nova]] en [[Campo do Gerês]], [[Terras de Bouro]], [[Portugal]].]]
 
O interese de [[Roma]] na dominación do noroeste da antiga [[Hispania]] supuxo o comezo dos conflitos armados entre Roma e os galaicos a finais do século I a.C.
 
Aínda que o xeneral [[Décimo Xunio Bruto Galaico]] logrou controlar efemeramente os pobos galaicos máis meridionais na súa campaña do ano 137 a.C., non foi até a fin das ''[[Guerras Cántabras]]'' (29 a.C. - 19 a.C.) cando galaicos, ástures e [[cántabros]] foron definitivamente anexionados ao Roma.
 
Ademais da guerra, o [[Imperio Romano]] valeuse de tratados de paz (chamados ''pactos de hospitalidade'') cos diferentes pobos galaicos, o que na práctica favorecían a súa integración —sen vertedura de sangue— no Imperio. Conquistado o territorio e as súas xentes —ben pola guerra ou ben por tratados—, o Imperio romano asegurou o seu control militar como era costume con numerosos campamentos onde se albergaban lexións ou cohortes tales como os de ''[[Aquis Querquennis]]'', A Ciadella ([[Sobrado dos Monxes]]) ou o propio Lugo.
 
Entre os anos [[284]] e [[305]], o emperador [[Diocleciano]] acometeu a reorganización administrativa do [[Imperio Romano|Imperio]]. Na [[península Ibérica]] (Hispania) créanse dúas novas provincias (''[[Gallaecia]]'' e ''[[Cartaginensis]]'') a partir das xa existentes: ''Baetica'', ''Tarraconensis'' e ''Lusitania''. Así, a nova provincia baixo o nome de ''Gallaecia'' ocupou o extremo noroccidental da península Ibérica que anteriormente pertencera á Tarraconensis, e estivo formada polos territorios da rexión de ''Asturica'' e da propia ''Gallaecia'', organizada administrativamente en tres ''[[Conventus iuridicus]]'' ([[Conventus iuridicus|conventos xurídicos]]). Cabe destacar que entre, todas as capitais dos conventos, [[Lugo]] (''Lucus augusti''), [[Braga]], (''Braccara augusta'') e [[Astorga]] (''Asturica augusta''), era a cidade de ''Bracara'' a que exercía de capital provincial de toda a ''Gallaecia''.
 
Esta provincia do noroeste hispánico será, pola súa importancia militar, unha provincia imperial (dependente directamente do emperador), non senatorial, e estaba controlada por unha forte lexión na actual [[León, España|León]] e con campamentos como o de ''Aquis Querquernis'' (na vía Nova), Ciadella ou na propia cidade de Lugo.
 
O [[Imperio Romano]] estendeu sobre a ''Gallaecia'' a súa rede viaria, conectando as principais poboacións, portos e vilas (''villae'') con catro grandes vías: a [[Vía XVII]], a [[Vía Nova]] ou ''Vía XVIII'', a [[Vía XIX]] e a [[Vía XX]].
 
Xunto ás vías, o imperio tamén construíu pontes (como as do [[Río Bibei|Bibei]], [[Ourense]]), canalizacións, termas, faros (como a [[Torre de Hércules]]), portos, grandes murallas como a de ([[Lugo]]), así como outras instalacións que favorecían a explotación económica do territorio conquistado e a súa integración no resto o Imperio Romano.
 
====A cultura galaico-romana====
[[Ficheiro:Galician-roman painting.jpg|thumb|right|150px|Pinturas romanas no santuario galaico-romano de [[Santalla de Bóveda de Mera, Lugo]].]]
A conquista e incorporación dos galaicos ao Imperio Romano foi un proceso continuo, pero lento. A conquista supuxo a chegada dunha cultura —a romana— moito máis avanzada tecnoloxicamente e da que se nutriron as clases altas galaicas, motivando o apoxeo económico dos grandes castros como [[Lansbricae]], [[Castro de Santa Tegra| Santa Tegra]], [[Citania de Briteiros]] e [[Lanhoso]], entre moitos outros, durante douscentos anos.
 
Porén, tras ese momento de esplendor, a ausencia de conflitos bélicos motivou o paulatino abandono dos castros —fortalezas, á fin e ao cabo—, e a poboación comezou a instalarse maioritariamente nos vales, preto das novas terras de cultivo, acudindo aos castros só en caso de perigo.
 
Foi nestes vales máis romanizados onde comezaron a espallarse o se coñecen como ''villae'' (vilas), asentamentos estábeis con explotacións agrarias, que se expanden sobre todo nos [[século III|séculos III]] e [[século IV|IV]], e que van cambiando a fisionomía do territorio (28 ''villae'' no convento de ''Braccara'', 32 no de ''Asturica'' e 15 no de ''Lucus''). Outro aspecto económico de interese foi a explotación a grande escala dos recursos mineiros, especialmente o do [[ouro]], explotado co sistema da ''ruina montium'', nas médulas de León e no eixe Miño-Sil<ref>Villares, R. (1984): ''Galicia. A Historia''. Vigo: Galaxia, páx. 48. (7ª ed, 1992).</ref>
 
===A chegada do Cristianismo (313 - 380). O Priscilianismo===
[[Ficheiro:Paulo Orosio - Detalle.jpg|thumb|esquerda|250px|[[Paulo Orosio]], historiador e teólogo galaico-romano, foi unha das figuras cristiás máis ilustres da ''Gallaecia'' e de toda a [[Europa atlántica]] a finais do [[Imperio Romano]].]]
A conversión dos galaico-romanos á relixión cristiá remóntase ao [[século IV]].
 
Dúas datas marcan o comezo desta cristianización: a primeira no ano [[313]], cando o emperador [[Constantino I o Grande|Constantino I]] legalizou a relixión cristiá mediante o [[edicto de Milán]], e a segunda, en [[380]], cando o [[cristianismo]] foi elevado á consideración de relixión oficial do [[Imperio Romano de Occidente]] ([[edicto de Tesalónica]]). Desde este período as elites galaico-romanas foron adoptando progresivamente o cristianismo e, consecuentemente, abandonando o culto a deuses romanos —tales como [[Xúpiter]], [[Minerva (deusa|Minerva)]] ou [[Marte (deus)|Marte]]— e galaicos — [[Bandua]], [[Reva]] ou [[Berobreo]]— que, pese a todo, deixaron a súa pegada en [[mito]]s, [[rito]]s, [[símbolo|simbolismos]] e [[crenza]]s de singular riqueza que, nalgúns casos, chegan aos nosos días.
 
A expansión do [[cristianismo]] —isto é, unha relixión [[Asia|asiática]], concretamente [[semitas|semítica]]— supuxo cambios profundos na ''Gallaecia'' romana.
 
Por unha banda, impoñíase unha relixión [[monoteísmo|monoteísta]], que acabaría por substituír ás relixións [[politeísmo|politeístas]], traendo consigo unha simboloxía, culto e arte propia desta relixión, que perdurou até os nosos días e que segue a marcar aspectos sociais tan importantes como o calendario, as leis ou a moral.
 
Por outra, a adopción do cristianismo como relixión oficial tamén creou ''de facto'' a necesidade de adaptarse á nova rede eclesiástica que se estaba a configurar por todo o Imperio romano con centro en [[Roma]], creando deste xeito unha novidosa organización territorial eclesiástica —as dioceses— que tiñan cadansúa sé episcopal.
 
No [[século IV]] aparecen as primeiras sés episcopais da [[Igrexa galega]] que, xa no seguinte século, conectarán coas correntes de pensamento dos [[Padres da Igrexa]]. Así [[Paulo Orosio]] ou [[Hidacio]] manifestarán unha autoconsciencia elevada do cristianismo galaico.
 
====Priscilianismo====
{{AP|Priscilianismo}}
[[Prisciliano]] defenderá un cristianismo de cariz [[gnosticismo|gnóstico]], comunitario e, ao mesmo tempo, ascético, en confrontación coa instalación urbana da Igrexa hispana. O seu simbolismo e cosmovisión semella conectar ben coas tradicións indíxenas. O seu éxito levarao ao martirio en [[Tréveris]], acusado de ritos promiscuos, maleficio e [[maxia]], o que fará del unha figura discutida pero idealizada.
 
O priscilianismo arraigou ben e de xeito duradeiro na ''Gallaecia''. No ano [[396]], os bispos galegos no sínodo de [[Toledo]] néganse a deixar de considerar os priscilianistas como mártires.
 
Haberá que esperar á configuración do [[Reino Suevo]] para que o cristianismo de obediencia romana xogue como armazón estábel dunha nova sociedade de xeito pioneiro entre os reinos xermánicos.<ref>[http://mb-soft.com/believe/txc/priscill.htm mb-soft.com Priscillian / Priscillianism] {{en}}</ref> <ref>[http://en.wikisource.org/wiki/Catholic_Encyclopedia_(1913)/ Catholic Encyclopedia / Priscillianism] {{en}}</ref>
 
===Os ''Bárbaros do Norte'' (409 - 711)===
====A monarquía sueva (409 - 585)====
{{AP|Reino Suevo}}
[[Ficheiro:Sueben coin II.jpg|thumb|right|180px|Moeda de ouro sueva datada entre os anos 410 e 500.]]
[[Ficheiro:Marfil-san-millan.jpg|right|thumb|180px|Marfil románico [[San Millán de la Cogolla]], onde se representa a [[Leovixildo]], primeiro rei [[visigodo]] de Galicia, sometendo aos cántabros e tomando unha cidade.]]
A comezos do [[século V]], o Imperio Romano de Occidente experimentou unha gran inestabilidade militar, económica e política. Desde o centro de [[Europa]] (especialmente desde o territorio da actual [[Alemaña]]), numerosos pobos [[xermanos]] —[[suevos]], [[saxóns]], [[francos]], [[alanos]] e outros— comezaron atacar os postos fronteirizos romanos no río [[Rhin]], irrompendo finalmente no Imperio o [[31 de decembro]] do ano [[406]] e asentándose no seu interior polas armas, mais tamén grazas a pactos pacíficos.
 
Arredor do ano [[409]], dirixidos polo seu rei [[Hermerico]], gran parte dos [[suevos]] (estímase que sobre 40.000 persoas) chegaron á provincia romana da ''Gallaecia'', onde lograron instalarse mediante un posíbel pacto con [[Imperio Romano de Occidente|Roma]], decidindo establecer a súa capital na cidade de ''Bracara Augusta''. Este pacto, chamado ''foedus'', permitía aos suevos gobernar a provincia da ''Gallaecia'' como un reino propio (''Galliciense Regnum''), mentres que estes aceptasen ao emperador romano como o seu superior. O historiador galaico [[Hidacio]] narraba entón que os suevos foran ben recibidos pola poboación galaico-romana, pois aliviaron os impostos.<ref>Villares, R. ''Op. cit.''</ref>
 
Tras a morte de [[Hermerico]], o seu fillo [[Requila]] ([[438]] - [[448]]) asumiu o trono e dirixiu expedicións de saqueo, anexionando o norte da provincia romana da [[Lusitania (provincia)|Lusitania]], integrándose suevos e galaico-romanos. Isto pon de manifesto a plena independencia do Imperio.
 
A Requila sucederao [[Requiario]] ([[448]] - [[456]]), quen adoptará o catolicismo no [[449]], manifestación pioneira dunha nacente concepción do goberno apoiada na [[Igrexa Católica Romana|Igrexa católica]]. Tamén foi Requiario o primeiro rei europeo en cuñar moeda propia, a cal facía referencia ao carácter galego do Reino.<ref>López Carreira, Anselmo (1998): ''O reino de Galiza''. Edicións ANT.</ref>. Roma enviou un exército integrado por visigodos e, no ano [[456]], ten lugar a [[batalla do río Órbigo]], que enfrontará visigodos contra suevos, coa derrota destes últimos e que terá como consecuencia o asasinato de Requiario.
 
Tras a derrota fronte aos visigodos, o reino suevo dividiuse e gobernarán simultaneamente [[Frantán]] e [[Aguiulfo]]. Ambos farano desde [[456]] até [[457]], ano no que [[Maldras]] ([[457]] - [[459]]) reunificará o reino para acabar sendo asasinado tras unha conspiración [[Imperio Romano|romano]]-[[visigodos|visigoda]] que finalmente fracasará. A pesar de que a conspiración non conseguiu os seus auténticos propósitos, o reino suevo viuse novamente dividido entre dous reis: [[Frumario]] ([[459]] - [[463]]) e [[Remismundo]] (fillo de [[Maldras]]) ([[459]] - [[469]]) que reunificaría novamente o reino do seu pai no [[463]] e que se vería obrigado a adoptar o [[arianismo]] no [[465]] debido á influenza visigoda.
 
Esta época escura rematará co reinado de [[Carriarico]] ([[550]] - [[559]]) que se converterá ao [[catolicismo]] no [[550]], feito que significaba a ruptura cos visigodos. Sucederao [[Teodomiro (rei suevo)|Teodomiro]] ([[559]] - [[570]]) (non se confunda con [[Teodomiro (rei ostrogodo)|Teodomiro]], rei dos [[ostrogodos]]), durante o reinado do cal terá lugar o [[Primeiro Concilio de Braga]] ([[561]]), instituíndose esta asemblea como órgano asesor do rei. Salienta neste período a figura de [[San Martiño de Dumio]] pola súa achega á organización territorial (''[[Parochiale suevorum]]'', as parroquias dos suevos) e á lexitimación cristiá dun goberno estábel sobre unha poboación plenamente integrada e fusionada.
 
A [[Teodomiro (rei suevo)|Teodomiro]] sucédeo [[Miro]] ([[570]] - [[583]]). Durante o seu reinado celebrouse o [[Segundo Concilio de Braga]] ([[572]]), consolidándose a súa contribución á gobernación e á impartición de xustiza. Aproximadamente no [[577]] iníciase a guerra civil visigoda na que intervirá [[Miro]], quen no [[583]] organizará unha expedición de conquista a [[Sevilla]] que fracasará. Durante a volta desta expedición o rei morre. No reino suevo comezan a producirse moitas loitas internas. [[Eborico]] (tamén chamado [[Eborico|Eurico]]) ([[583]] - [[584]]) é destronado por [[Andeca]] ([[584]] - [[585]]) que fracasa no seu intento por evitar a invasión visigoda dirixida por [[Leovixildo]], que se fará efectiva finalmente en [[585]].<ref>López Carreira, A & Fernández Cal, T. (2003): ''Os reis de Galicia''. Vigo: A Nosa Terra. ISBN 8496203271 </ref>
 
====Chegada dos bretóns e fundación da diocese de ''Britonia''====
{{AP|Diocese de Britonia}}
A situación política da illa de [[Gran Bretaña]] (''Britania'') entre os [[século IV|séculos IV]] e [[século VII|VII]], mudou completamente co abandono da illa por parte de [[Imperio Romano|Roma]] e o constante establecemento de tribos [[anglosaxóns|anglosaxoas]] —procedentes do norte de [[Alemaña]] e de [[Dinamarca]]— na parte oriental de [[Britania]].
[[Ficheiro:Britonia6hcentury.png|thumb|esquerda|170px|Mapa dos asentamentos dos bretóns ou britanos contra o século VI d.C.]]
 
As constantes agresións e hostigamentos dos [[xutos]] e anglosaxóns contra os nativos —bretóns— propiciaron que parte da poboación emigrase por vía marítima a puntos próximos da costa atlántica, dirixíndose maiormente ás costas da [[Armórica]] (que debido a isto acabaron por tomar o nome actual de ''Bretaña'') e, en en menor medida, ao norte da antiga ''Gallaecia''.
 
Descoñécese a causa do desprazamento dalgúns continxentes bretóns cara á osta norte de [[Galicia]] e a acollida do seu asentamento polos [[galaicos|galaico]]-[[suevos]], algúns autores poñen de manifesto un posible pacto militar, ou sinxelamente unha aceptación con condicións descoñecidas actualmente.
 
Organizados nun importante territorio, introduciron a súa propia organización relixioso-cristiá algo diferente, e fundaron un bispado propio que aparece citado no ''Parochiale Suevorum'' ou ''Divisio Teodomiri''. A súa integración relixiosa foi total, asistindo o seu representante —[[Maeloc]]— ao [[Segundo Concilio de Braga]], no ano [[572]].
 
O territorio da antiga diocese dos [[bretóns|britóns]] —[[Diocese de Britonia|Britonia]]— ocupou principalmente a franxa costeira da [[Mariña de Lugo|Mariña Luguesa]] até a comarca da [[Terra Chá]], chegando a súa influenza até as costas da comarca do [[Eo]]-[[Navia]] polo leste, e de [[Ferrol]] polo oeste. A súa antiga sede, coñecida co nome de ''Mosteiro Máximo'' foi identificado por algúns autores coa Basílica medieval de [[San Martiño de Mondoñedo]], onde se atopan restos do [[século V|séculos V]] e [[século VI|VI]].
 
Cambiaron de sede e nome en varias ocasións, e a actual diocese galega de [[Mondoñedo]]-[[Ferrol]] é a súa sucesora histórica. O asentamento desta vaga de emigrantes bretóns e a creación dunha diocese propia supón o segundo maior asentamento dun pobo estranxeiro en terras galegas, despois dos suevos.
 
====A monarquía visigoda (585-711)====
{{AP|Galicia na monarquía visigoda}}
[[Ficheiro:CoronaRecesvinto01.JPG|thumb|190px|left|Coroa votiva do rei visigodo [[Recesvinto]] († 672), rei de [[reino de Galiza|Galiza]] (''Gallecia''), ''Spania'' e [[Septimania]].]]
No ano [[585]], o rei visigodo Leovixildo fíxose co control do [[reino de Galicia]], aproveitando unha disputa interna no reino e derrotando ao derradeiro monarca suevo, [[Andeca]]. Deste xeito, o territorio da chamada entón ''Gallaecia'' pasou a formar parte dos dominios dos reis visigodos que, que tras seren expulsados da ''[[Galia]]'' polos [[francos]], limitaban o seu territorio a ''Hispania'' e ''[[Septimania]]'', desde o ano [[507]]. Os novos monarcas visigodos foron aceptados polas elites galaico-suevas.
 
Os visigodos, que tiñan a súa corte en [[Toledo]], asumían o control político de tres antigos reinos ''Hispania'', ''Septimania'' e ''Gallaecia''. Así, nos [[concilio]]s relixiosos, como o celebrado en Toledo no ano [[589]], estaban presentes ''episcoporum totius Hispaniae, Galliae et Gallaetiae'' <ref> [[Iohannes Biclarensis]] [http://la.wikisource.org/wiki/Chronicon_(Iohannes_Biclarensis) ''Chronicon Iohannis Biclarensis'' 590.1 = vv 330-341.]</ref> é dicir, "bispos de toda Hispania, Galia e Gallaecia". Esta concepción tripartita pódese ver ao longo do goberno visigodo desde o ano 585, diferenciando mediante diversas fórmulas as tres entidades visigodas nos documentos, como ''fines Spanie, Gallie, Gallecie'',<ref>[http://www.zeno.org/Geschichte/M/Delbr%C3%BCck,+Hans/Geschichte+der+Kriegskunst/2.+Teil.+Die+Germanen/4.+Buch.+Der+%C3%9Cbergang+ins+Mittelalter/3.+Kapitel.+Der+Verfall+der+urspr%C3%BCnglichen+germanisch-romanischen+Kriegsverfassung/Der+Text+der+Gesetze ''Wamba Lex''.]</ref> ou ''Spaniae et Galliae vel Gallitiae'',<ref>[http://www.benedictus.mgh.de/quellen/chga/chga_045t.htm ''Synodus Toletana tertia''.]</ref> entre outras. Destaca neste contexto a figura de [[Froitoso de Braga|San Froitoso]], bispo galaico de ascendencia visigoda,<ref>''San Fructuoso de Braga: vida y novena'', Juan Llorens, Vicente Rafael. 2007. p 21. e [http://www.artehistoria.jcyl.es/civilizaciones/personajes/1387.htm]</ref>, famoso polas numerosas fundacións levadas a cabo por el en todo o occidente peninsular, case sempre en lugares agochados nas montañas e mesmo illas, sobresaíndo a súa austeridade.<ref>Ed. Cardoso, 1996, p.24</ref>.
 
O feito de que a ''Gallaecia'' seguise a posuír un ''status'' especial dentro da monarquía visigoda propiciou que o rei [[Éxica]] cedese ao seu fillo [[Vitiza]] o goberno de Galicia (antigo reino dos suevos) desde [[698]] até [[702]] cando, morto o seu pai, asumiu o tamén o goberno de ''Hispania'' e ''Septimania''.
 
===Alta Idade Media: mouros, cristiáns e viquingos (711 - 1092)===
====Invasión dos mouros====
Tras a morte de Witiza, un sector aristocrático visigodo impediu a subida ao trono do seu fillo [[Axila]], impoñendo pola forza a [[Rodrigo]], o que supuxo un irresolúbel conflito civil entre os seus partidarios e os dos fillos de Witiza.
 
Será no ano [[711]] cando os inimigos de Rodrigo logren que un exército [[musulmán]] cruce o estreito de [[Xibraltar]] e presente batalla a Rodrigo en [[Batalla de Guadalete|Guadalete]], onde este foi derrotado, fito que marca a fin do goberno visigodo en ''Hispania'', e que terá unha transcendencia histórica total para as dúas restantes entidades políticas, ''Gallaecia'' e ''Septimania''.
 
No ano [[715]] [[Abd al-Aziz ibn Musa]] toma por esposa á viúva de [[Rodrigo]], chamada [[Exilona]] e titulada ''reginam Spanie'',<ref>Crónica Mozárabe, ed. López Pereira, 1980a, ps. 76-79: "cum reginam spanie in coniugo copulatam".</ref> confirmando deste xeito a continuidade dinástica, transferida así lexitimamente ao gobernador [[musulmán]]. Así, coa conquista de toda a ''Spania'' polos musulmáns, alén das súas fronteiras, os [[emir]]es [[Córdoba, España|cordobeses]] serían coñecidos co título de ''rex Spanie''.<ref>Ed. Lafuente Alcántara, 1867, p. 166.</ref> A partir de entón comeza unha nova concepción xeográfica, pois [[España]] ([[Al-Ándalus]]) será o nome co que se designe ao territorio musulmán, e [[Galicia]] ao territorio cristián. Así o historiador [[Al-Maqqari]] deixa claro a extensión do dominio musulmán ao referirse a conquista de comezos do [[século VIII]]:
<center>{{Cita|''Non quedou lugar sen dominar en Al-Andalus se exceptuamos o país de Galicia''. <ref> Al-Maccari, Histori, ed. Gayangos, 2002, v. I, p.291.</ref>}}</center>
 
====A reconstrución da monarquía (711 - 791)====
{{AP|A Galicia altomedieval}}
Tras a vitoria da coalición visigoda e musulmá contra as tropas de Rodrigo en Guadalete, os exércitos musulmáns decidiron asentarse no sur de Hispania. Axiña comezarían unha exitosa campaña de expansión islámica que acabaría por conseguir a conversión ao Islam de gran parte da aristocracia visigoda en Hispania derrocando o goberno de Toledo e chegando no ano 720 mesmo a Septimania.
 
A caída e islamización de Hispania supuxo a fin do control visigodo da Gallaecia, comezando un proceso de reconstrución dunha monarquía propia independente xa de [[Toledo]]. No 714 chegan a Galicia algúns [[bérber]]es, pero no ano 740 abandónana e recúan cara ao sur. [[Afonso I o Católico]] ([[739]] - [[757]]) foi o primeiro suposto monarca, pero non pasou de ser máis que un Señor Territorial con moito poder e influenza na zona ovetense, ao cal lle inventarán moitos séculos despois en Crónicas unha ascendencia que vai até os visigodos para faceren valer a súa entidade rexia. Galicia pasa a ser un núcleo cristián integrado nun territorio norteño que ten por cabeza política a [[Asturias]] ([[Oviedo]]).
 
====O nacemento do Camiño de Santiago (813)====
{{AP|Camiño de Santiago}}
Foi a comezos do [[século IX]], e concretamente no ano [[813]], cando tivo lugar o acontecemento relixioso máis importante da Europa cristiá medieval: o descubrimento, en Galicia, dunha arca cuxos restos foron atribuídos ao [[apóstolo Santiago]]. Mito ou realidade, este "descubrimento" foi atendido polo monarca galego-ovetense, [[Afonso II de Oviedo|Afonso II]] ([[791]] - [[842]]), quen no mesmo ano ordenaba edificar unha igrexa arredor da tumba "santa", espallando a nova por toda a [[cristiandade]] europea.
[[Ficheiro:Saint James the Greater 2.jpg|thumb|right|250px|Estatua borgoñona do século XV na que se representa o apóstolo Santiago, vestido como peregrino.]]
 
A [[Diocese de Iria]], e o seu titular, converteuse na máis poderosa administración eclesiástica non só da ''Gallaecia'' altomedieval, senón de toda a península Ibérica, acrecentando o seu poder coas constantes doazóns, por parte dos monarcas, á igrexa compostelá. Convertida no terceiro centro de peregrinación da cristiandade —só despois de [[Xerusalén]] e [[Roma]]— foi, a partir do [[século XI]] e principalmente do [[século XII|XII]], cando desde numerosos puntos de Europa comezaron a chegar peregrinos, ben desde [[Occitania]], [[reino de Francia|Francia]], [[reino de Navarra|Navarra]] ou [[Aragón]]-[[Cataluña]] vía terrestre, ben desde as [[Illas Británicas]], [[Escandinavia]], ou [[Alemaña]], vía marítima.
 
O fenómeno xacobeo foi decisivo na conformación cultural-económica do [[reino de Galicia]], debedor en gran medida ao auxe conseguido durante a titularidade de [[Diego Xelmírez]] ([[1100]] - [[1136]]) convertendo a Compostela en sé metropolitana (ano [[1122]]), a máis importante dignidade de todo Occidente despois de [[Roma]].
 
Arredor do sepulcro apostólico medrou non só unha catedral —centro artístico-relixioso de primeira magnitude— senón unha vila e posteriormente unha cidade, perfectamente establecida na [[Baixa Idade Media]], cunha actividade comercial derivada da súa condición de cidade santa, onde se coroarían [[lista de monarcas de Galicia|reis galegos]], onde medraría a grande escola [[lírica galego-portuguesa|galego-portuguesa]] e onde reside desde a [[Idade Media]] a capital de [[Galicia]].
 
Os estudos histórico-arqueolóxicos levados a cabo no [[século XX]] na propia catedral revelaron, non obstante, que desde época galaico-romana e sueva, Compostela fora un lugar relevante onde xa se soterraban importantes dignidades civís ou relixiosas moito antes do ano [[813]], o que motivou a diversos especialistas a defenderen que o corpo atribuído ao apóstolo Santiago era en realidade o de Prisciliano, patriarca da igrexa galega, decapitado en [[Tréveris]] no ano [[385]].
 
====As invasións viquingas (844 - 1038)====
{{AP|Viquingos en Galicia}}
Procedentes de [[Escandinavia]] —en especial desde [[Noruega]], [[Suecia]] e [[Dinamarca]]—, [[viquingos]] e [[normandos]] devastaron e invadiron durante séculos as costas europeas, preferentemente as atlánticas —como as galegas—, chegando tamén ao [[Mediterráneo]] oriental.
[[Ficheiro:Gokstad-ship-model.jpg|thumb|esquerda|220px|Reprodución dun ''drakkar'', o barco empregado polos viquingos.]]
 
A primeira vagada en Galicia rexistrouse o [[1 de agosto]] do ano [[844]], en pleno reinado de [[Ramiro I de Oviedo]]. Procedentes dunha extraordinaria rota de saqueo por terras [[Frisia|frisais]], [[francos|francas]], [[Bretaña|bretonas]] e [[Mar Cantábrico|cantábricas]], atacaron o norte de Galicia, instalándose temporalmente nos arredores do ''Farum Bregatium'' ([[A Coruña]]), desde onde levaron a cabo numerosos asaltos como o que sufriu o [[Mosteiro do Couto|mosteiro de San Martiño de Xuvia]]. A intervención dos exércitos de Ramiro I, comandados polo duque Arximiro, conseguiu expulsalos de terras galegas minguando a flota viquinga que pouco despois tomaba rumbo a [[Al-Andalus]].
 
A segunda incursión escandinava tivo por obxecto as rías baixas galegas entre os anos [[858]] e [[861]]. Nesta ocasión, vidos desde os seus asentamentos en Irlanda, adentráronse na [[ría de Arousa]] con cen naves, acampando nas inmediacións de [[Iria Flavia]] ([[Padrón]]). Desde os seus postos, arrasaron Iria Flavia e sitiaron a propia [[Santiago de Compostela|Compostela]] ate a chegada do exército do conde Pedro, que arrasou más dunha trintena de ''drakkars'', obrigándoos a fuxir.
[[Ficheiro:Catoira 060905 033.JPG|thumb|180px|Estatua en recordo de las incursións viquingas, en [[Catoira]].]]
 
Pouco máis de cen anos despois —no ano [[966]]— unha nova frota de viquingos daneses, encabezada polo nobre Gunderedo, penetrou de novo pola ría de Arousa na que se coñece como terceira vagada viquinga. Dirixidos a saquear Compostela, o bispo Sisnando II saíu ao seu encontro cun gran exército episcopal, librando o [[29 de marzo]] do ano [[968]] a coñecida como "batalla de Fornelos", onde o propio bispo perdeu a vida dun frechazo e o seu exército foi derrotado. Dispersadas as tropas de Gunderedo polo interior de Galicia ([[Lugo]], [[Mondoñedo]] e o [[Courel]]), foron finalmente rexeitadas por un exército galego ao mando do conde Gonzalo Sanches e do bispo [[Rosendo de Celanova]] no ano [[971]].
 
Porén, foi o período entre [[1008]] e [[1038]] cando se sucederon os ataques viquingos máis violentos nas costas de Galicia. Despois de devastar [[Braga]] o ano 1008, chegaba ás terras de [[Tui]] unha inxente frota norueguesa ao mando do rei [[Olaf Haraldsson]]. A pesar da defensa levada a cabo polas tropas do duque galego [[Mendo Gundisalviz]], estas foron aniquiladas —tamén o propio duque— polos atacantes viquingos que asolaron a cidade de Tui e secuestraron ao seu bispo Afonso.
 
No ano [[1028]] unha nova frota escandinava entrou pola ría de Arousa, liderada polo nobre [[Ulf]], máis tarde alcumado ''o Galego''. Lonxe de ser un mero ataque de pillaxe, as tropas de Ulf serviron como mercenarios a aristócratas galegos, permanecendo dez anos no reino de Galicia até a súa expulsión.
 
====Feitos notábeis e conflitos internos e con Al-Ándalus====
En [[876]] o conde galego [[Hermenexildo Guterrez]] conquista [[Coimbra]].
 
En [[910]] [[Ordoño II]], casado coa princesa galega [[Elvira Menéndez]], convértese en rei de Galicia.
 
En [[925]] [[Sancho Ordóñez]] é coroado en Santiago como rei de Galicia polo bispo Hermenexildo.
 
En [[982]] [[Vermudo II]] é coroado en Santiago e vence a Ramiro III de León en [[Monterroso]]. Vermudo II consolidou a monarquía, pero a nobreza opositora chamou a [[Almanzor]], que fai unha expedición en terras cristiás e arrebata Coimbra e saquea León, Astorga e Compostela en [[997]].
 
En [[1035]] [[Fernando I O Magno]] herdou o condado de [[Castela]] do seu pai [[Sancho III O Maior]], rei de Navarra, e en [[1037]] a súa esposa Sancha herdou os reinos de [[reino de León|León]] e [[reino de Galicia|Galicia]] do seu irmán [[Vermudo III]].
 
Tras da morte de [[Fernando I de León|Fernando I]], en [[1065]], as súas posesións quedaron repartidas entre os seus tres fillos: o condado de Castela quedou para [[Sancho II de Castela|Sancho]], o reino de León para [[Afonso VI de León|Afonso]] e o reino de Galicia para [[García de Galicia|García]], que foi o último rei de Galicia porque, en [[1072]] Afonso (Afonso VI de León) matou a Sancho (Sancho II de Castela) e encerrou de por vida a García, gobernando así sobre os reinos dos seus irmáns até a súa morte en [[1109]].
 
En [[1091]] Afonso VI (autodenominado ''Emperador'') entrega o condado de Galicia á súa filla [[Urraca de León]], e o condado [[Portugal|portucalense]] (que comprendía as terras entre o [[Miño]] e o [[Río Mondego|Mondego]], comprendendo tamén o condado Coimbra) á outra súa filla, [[Tareixa, condesa de Portugal|Teresa de León]]. Urraca casou con [[Raimundo de Borgoña]], que gobernou o Reino de Galicia por concesión de Afonso VI como ''totia Galletie imperator''. Pero a rebelión de [[Afonso I de Portugal|Afonso Henriques]], fillo de Teresa e de [[Henrique de Borgoña]], contra seu primo [[Afonso VII de León|Afonso Reimúndez]], fillo de Raimundo, e rei de Galicia e de León (Afonso VII), deu lugar ao nacemento do [[reino de Portugal]]. É entón, a finais do [[século XI]], cando o reino de Galicia pasa a ter, aproximadamente, o territorio xeográfico da Galicia actual.
 
====Fragmentación do reino alto-medieval====
A inseguridade da poboación sometida a saqueos sufridos algunha vez (árabes, viquingos, normandos) fixo que se incrementaran as relacións feudo-vasaláticas. Nestes contratos había unha sumisión económica e persoal por parte do campesiñado con respecto á aristocracia, a cal presta a súa protección militar aos seus [[vasalo]]s. Galicia vaise enchendo por todo o seu territorio de [[Castelo (fortificación)|castelo]]s e fortalezas, tanto na costa como no interior, servindo tamén como centros de poder da aristocracia laica e eclesiástica. Apréciase tamén certa tensión entre a [[nobreza]] e o [[clero]], da que saíra beneficiado o señorío eclesiático. Os mosteiros e os bispos apoiaban aos reis astur-leoneses e recibían a cambio grandes beneficios.
 
O feito era que Galicia era un reino, pero a corte dos reis acostumaba estar en Asturias (e despois en León), motivo polo cal a nobreza galega quedaba marxinada. Houbo varios reis da Galiza, como vimos anteriormente, pero o reino sempre acababa sendo integrado na coroa de León ou na de Castela-León.
 
===Baixa Idade Media (1092 - 1486)===
====A Era Compostelá (1101 - 1230)====
{{AP|Era Compostelá}}
 
A ''Era Compostelá'' ou ''Época de [[Xelmírez]]'' foi unha das épocas de maior brillo e de maior desenvolvemento económico da historia de Galicia. Desenvolveuse durante o [[século XII]], a raíz do período de rexencia do [[arcebispo Xelmírez]] na cidade de Santiago de Compostela.
[[Ficheiro:SantiagoCompostela-PortaPlaterias-bis.jpg|thumb|esquerda|230px|[[Fachada das Praterías]], da Catedral de Santiago.]]
[[Ficheiro:Pantocrator del pórtico de la Gloria en Santiago de Compostela.jpg|thumb|esquerda|230px|[[Pantocrátor]] do [[Pórtico da Gloria]].]]
[[Ficheiro:Codex Calixtinus (Liber Sancti Jacobi) F162v siglo XII.jpg|thumb|esquerda|230px|''Codex Calixtinus'', Folio 162v.]]
 
Tras da morte de Raimundo de Borgoña en [[1107]], hai un conflito por ter o poder no reino de Galicia. A nobreza laica autóctona, dirixida por don [[Pedro Froilaz de Traba]] (conde de Traba), apoia a Afonso Raimúndez para ser o novo rei; pero outra parte de nobreza laica, principalmente foránea, defende os dereitos de [[dona Urraca]] (apoiada tamén por leoneses e aragoneses); por último, o alto clero —dirixido polo bispo (e despois arcebispo) Diego Xelmírez— mantén alianzas oscilantes cos sectores anteriores segundo lle conviña, e sería o gran gañador.
 
En [[1110]] Afonso Raimúndez é coroado como rei de Galicia na catedral de Santiago por Diego Xelmírez e o conde Pedro Froilaz de Traba. Foi este conde quen uniu o reino e [[Afonso VII]] foi chamado Rei de Galicia e León e Emperador de toda España, entendendo daquela a ''Spania'' como a zona penisular desde Toledo cara ao sur. O conflito acabará o ano [[1126]] ao morrer dona Urraca, de modo que Afonso Raimúndez accede tamén á coroa de Castela, para ser chamado a partir de agora Afonso VII O Emperador.
 
Este século XII parte dun contexto de crecemento poboacional e de expansión do fenómeno urbano. Isto propiciou que aparecesen ou que abrollasen con maior forza o artesanado e o comercio, motivado en boa parte polos excedentes motivados pola expansión da agricultura. Tamén durante esta época naceu o Camiño de Santiago como fonte de ingresos e como a ponte que comunicou en case todos os sentidos Galicia co resto de Europa, sendo boa proba disto a magnífica [[Literatura galego-portuguesa medieval|literatura medieval]] expresada na lingua [[galego-portugués|galego-portuguesa]]. Así mesmo, acábase a construción da catedral de Santiago e constrúense as de Mondoñedo, Lugo, Ourense e Tui.
 
En [[1156]] Afonso VII divide os seus reinos deixando Galicia e León a [[Fernando II de León e Galicia|Fernando II]], grande impulsor dos burgos galegos. Fernando II fai unha política de concesión de cartas-póboas, que xa iniciara seu pai e funda, entre outras, as vilas de Padrón, Ribadavia, Noia e Pontevedra; tamén deu un pulo fundamental á catedral de Santiago de Compostela. O seu fillo [[Afonso IX|Afonso VIII]] (computado como IX pola historiografía española), que sucedeu ao pai en [[1188]] e reinaría até [[1230]], mantivo a mesma política fundando, ao longo da costa, Betanzos, A Coruña, Baiona, Ferrol, Xove e Neda. Estas vilas de reguengo supoñen unha verdadeira revolución na estrutura social da época, porque inauguran a diversificación económica, rachando coa autarquía dos séculos anteriores, e ademais facilitan o desenvolvemento das actividades pesqueiras e preindustriais orientadas á elaboración de materias primas —peixe salgado sobre todo—, que se comercializan a través dos portos.
 
Con estes dous monarcas o centro dos reinos era León, onde residía a corte por norma, pero tamén é certo que Compostela era outro centro vital, e na Catedral compostelá están ambos os reis enterrados.
 
O esplendor desta cidade quedou perpetuado polo [[Mestre Mateo]] no granito da Catedral, sobre todo no [[Pórtico da Gloria]] e na [[Fachada das Praterías]]. Da prosperidade do reino dan fe tamén as innumerábeis construcións románicas que aínda salfiren Galicia. A outro nivel menos visíbel, a cultura galega reflíctese na creación literaria, que ficou plasmada, por exemplo, na redacción da ''[[Historia Compostelá]]'' e do ''[[Códice Calixtino]]''.
 
====Florecemento e esplendor cultural (Séculos XIII - XIV)====
{{AP|Arte románica#A arte románica en Galicia|Literatura galego-portuguesa medieval}}
[[Ficheiro:Organistrum Orense 200708.jpg|thumbnail|200px|rigth|Trobadores tocando un ''organistrum''. Pórtico da [[catedral de Ourense]], século XIII.]]
Esta é a etapa de maior esplendor da literatura galego-portuguesa. O galego convértese na lingua por excelencia da [[lírica]] en toda a [[Península Ibérica]], agás en [[Cataluña]] ([[poesía trobadoresca]]). Propiamente debemos falar de [[lírica galego-portuguesa]], que estivo en apoxeo no séculos XIII e a primeira metade do XIV, cando o ''galego antigo'' ou ''galego-portugués'' acada o rango de lingua internacional, xa que está presente tanto en autores non só galegos e portugueses, senón tamén en [[Castela|casteláns]], [[Occitania|occitáns]], [[Aragón|aragoneses]], [[Sicilia|sicilianos]], etc. así como en cortes reais e señoriais ([[Santiago de Compostela|Santiago]], [[Toledo]], [[Coimbra]], [[Lisboa]]...)
 
As ''[[Cantigas de Santa María]]'', composicións feitas en loanza da Virxe, son a mostra da vertente relixiosa desta lírica galego-portuguesa e constitúen o [[Corpus lingüístico|corpus]] de poesía mariana medieval máis relevante de toda a península. Foron compostas na corte de [[Afonso X o Sabio]], quen se encargou da dirección e, en ocasións, da propia elaboración. Exemplifican o prestixio acadado polo idioma galego como lingua literaria a finais do século XIII.
[[Ficheiro:CantigasDeSantaMariaPanPipes.jpg|thumb|esquerda|200px|Ilustración do ''Codex E'' das [[Cantigas de Santa María]].]]
 
En comparación coa lírica, a prosa literaria medieval en galego é escasa e tardía. Cómpre ter en conta que os centros culturais da época eran os mosteiros e as escolas monacais, nos que imperaba o uso do [[latín|latín eclesiástico]].
 
Aínda así, a partir de fins do XIII e, máis significativamente, nos [[século XIV|séculos XIV]] e [[século XV|XV]], os temas de maior difusión na Europa medieval recóllense en lingua galega.
 
Mostra son os relatos do [[Materia de Bretaña|ciclo bretón]] arredor da figura do [[rei Artur]], os textos referentes á historia e destrución de [[materia de Roma|Troia]], como a ''Historia Troiana'' e a ''Crónica Troiana''; e os ''Miragres de Santiago'', conxunto de relatos que contan desde a destrución de [[Xerusalén]] até a milagrosa intervención do [[apóstolo]] en diferentes situacións. Inclúense algúns textos dentro da prosa, que son traducións ou traslacións doutras linguas con elaboración propia: ''Crónica Xeral Galega'', ''General Estoria'', ''Crónica Galega de 1404'' e ''Crónica de Santa María de Iria''.
 
====Fin da monarquía galego-leonesa (1230)====
O feito de que no ano [[1230]] o rei [[Castela|castelán]] [[Fernando III de León e Castela|Fernando III]] se apoderase dos reinos de [[reino de Galicia|Galicia]] e [[reino de León|León]] tras a morte do seu rei, [[Afonso IX|Afonso VIII]], marcou un dos acontecementos políticos máis decisivos en toda a historia de Galicia.
[[Ficheiro:Adefonsus legio galle.jpg|thumb|right|200px|Representación medieval de [[Afonso VIII]], derradeiro rei de [[reino de Galicia|Galicia]] e [[reino de León|León]]. Na inferior represéntase o león púrpura símbolo da monarquía galaico-leonesa.]]
 
En realidade o conflito remóntase anos atrás, cos dous matrimonios do rei Afonso VIII; o primeiro, coa princesa portuguesa Tareixa Sanches ([[1191]]) —do que naceron tres fillos: Fernando, [[Aldonza de Galicia e León|Aldonza]] e [[Sancha de Galicia e León|Sancha]]— e o segundo, coa princesa castelá [[Berenguela de Castela|Berenguela]] ([[1197]]) —do que naceu, entre outros, Fernando III—. A morte inesperada do herdeiro e futuro rei de Galicia e León, Fernando, irmán de Aldonza e Sancha (chorado, en galego, polo rei seu pai), e a coroación de Fernando III como rei de Castela, impulsada pola súa nai Berenguela e os nobres casteláns en contra da vontade de Afonso VIII, abriu unha fonda disputa sobre quen debía ser o novo herdeiro de Galicia e León.
 
Xa no seu leito de morte en [[Sarria]], o rei Afonso VIII selaba un testamento de herdanza onde se plasmaba a súa última vontade: as súas fillas, Aldonza e Sancha serían as raíñas lexítimas de Galicia e León tras a súa morte, protexendo deste xeito a independencia política destes reinos e impedindo sobre todo que caeran nas mans do seu outro fillo, o rei castelán Fernando III.
 
Lonxe de acatar este testamento, e seguindo coa súa política expansionista, Fernando III reclamou os reinos de Galicia e León para si, ameazando con tomalos pola forza nunha guerra aberta. Se ben a nobreza galega e asturiana estaba disposta a defender coas armas o cumprimento do testamento real e a proclamación de Aldonza e Sancha como raíñas, a aristocracia leonesa —xunto cos bispos de Lugo, Oviedo e Mondoñedo—, máis achegada xeografica e culturalmente a Castela, apoiou maioritariamente as pretensións do rei castelán, inclinando a balanza cara a Fernando. A sombra dunha guerra civil e o inminente conflito armado contra León e Castela forzaron un pacto diplomático entre as viúvas de Afonso VIII, polo que o rei castelán se facía coa coroa de León a cambio de non invadir Galicia nin León e de pagar unha renda anual a Aldonza e Sancha en concepto de compensación pola privación dos seus dereitos reais.
 
Galicia (e tamén León) perdía desde este momento unha casa real propia que garantira a súa soberanía e unira a súa nobreza; en troques, convertíase nun reino periférico, gobernado desde e por Castela e cuxas cidades foron perdendo poder en detrimento das cidades castelás. Tal situación levou aos nobres galegos a alzárense en numerosas ocasións contra Castela, proclamando un novo rei, e mesmo coroando a [[Fernando I de Portugal]], e ao inglés [[Xoán de Gante|John of Gaunt]], como soberanos lexítimos de Galicia.
 
====Guerras coa Coroa de Castela (1296 - 1388)====
 
Tras cinco anos cos reinos de Galicia-León e Castela separados, co rei [[Fernando IV]] ([[1301]] - [[1312]]) vólvense a unir os dous reinos, que xa quedarán unidos case definitivamente. Tras morrer Fernando IV, o seu fillo [[Afonso XI]] ([[1312]] - [[1350]]) aínda era moi novo e comezaron algunhas loitas, de maneira que en Galicia pasou a gobernar o [[infante don Filipe]] (mais sen adoptar o título de rei) apoiado polos concellos das cidades galegas e enfrontado aos bispos.
[[Ficheiro:Alfonso XI, king of Leon and Castile.jpg|220px|thumb|left|Afonso XI nunha ilustración das ''Crónicas de Froissart'', ''ca.'' 1410.]]
 
Os [[Castro]], sucesores dos [[Casa de Traba|Traba]], adquiren a preeminencia nobiliaria en Galicia e unha máis que decisiva influenza na Corte castelá. A guerra civil entre o rei lexítimo [[Pedro I de Castela|Pedro I]] e [[Henrique de Trastámara]], o bastardo, cambiará os liderados. A derrota dos petristas en Castela non é aceptada en Galicia e os Castro fan que neste reino se recoñeza como monarca ao rei de Portugal [[Fernando I]], emparentado co asasinado [[Pedro I]] ([[1369]]). Tras uns anos de presenza en Galicia, a retirada do portugués non evita o enquistamento do conflito.
 
A viaxe á corte inglesa, do conde [[A Coruña|coruñés]] [[Xoán Fernández de Andeiro]] conseguiu, tempo despois, que os intereses galegos e ingleses confluíran nunha alianza militar contra os [[Henrique de Trastámara|trastamaristas]]. Así, en [[1386]], desembarcaba na [[A Coruña|Coruña]], aclamado como rei, o inglés Don [[Xoán de Gante]], duque de Lancaster, casado con [[Constanza]] (filla do defunto Pedro I e sobre a cal recaían os dereitos dinásticos). Tras unha campaña vitoriosa, axudado por [[galegos]] e [[Portugal|portugueses]], Xoán de Gante logra controlar todo o reino de Galicia até que gran parte das súas tropas son decimadas pola peste, obrigando a un acordo definitivo cos [[Henrique de Trastámara|Trastámara]]. A gran nobreza galega, como os [[Castro]] ou os [[Andeiro]], paga cara a derrota; os que poden, exílianse na corte do rei de Portugal. Os Trastámara desposúen á vella nobreza galega e reparten os seus bens (e títulos) a unha pequena nobreza foránea, máis desarticulada, autónoma e depredadora, que medra grazas ás [[mercedes enriqueñas]] polo seu apoio. Así, agroman os [[Conde de Andrade|Andrade]] no noroeste, os [[Moscoso]] no centro, os [[Condado de Lemos|Lemos]] na Galicia oriental, e os [[Sarmiento]] e os [[Soutomaior]] no sur. Tamén se viu beneficiada a nobreza eclesiástica galega —partidaria dos Trastámara—, que recibiu privilexios fiscais. Tamén sufriron consecuencias negativas os concellos galegos, aos que os Trastámara lles anularon moitos privilexios.
 
O [[século XIV]] é crítico na historia de Europa, con guerras (como a dos [[Guerra dos Cen Anos| Cen Anos]]) que cortaban as relacións comerciais, cunha crise demográfica provocada pola [[peste negra]], ao que lle hai que sumar as malas colleitas polo clima, a fame e as guerras internas xa descritas. E ademais, a nova nobreza que medra incrementa a presión sobre as xentes dos burgos e os fidalgos, os prelados e os campesiños. Nunha Galicia abandonada á súa sorte pola monarquía castelá, estoupará a finais da Idade Media unha gran revolta das clases medias-baixas para acabar cos constantes abusos de gran parte da alta aristocracia galega.
 
====A sociedade baixomedieval galega====
Na primeira metade do [[século XV]] obsérvase unha certa recuperación poboacional, debido a que moitos [[foro]]s que recuperaban parcelas incultas, volvían a render, e a un crecemento dos inmóbeis das cidades e da inmigración chegada do rural. De maneira similar, nestes primeiros cincuenta anos rexístrase unha certa recuperación económica, cunha revitalización no campo, con protagonismo do viñedo (principalmente o [[Ribeiro (viño)|Ribeiro]]), e nas cidades, cunha artesanía e comercio en expansión. Expórtase peixe desde Pontevedra a Europa por vía marítima, Ourense comercia co viño, e na artesanía téxtil do [[liño]] e da [[la]] sobresaen Compostela e Ourense. Porén, na segunda metade do século pásase da recuperación ao declive: hai unha forte recesión económica e un estancamento do crecemento da poboación e, nalgunhas cidades, hai un claro descenso (como en Ourense).
 
====As Guerras Irmandiñas (1431 e 1466 - 1469)====
{{AP|Irmandiño}}
A crise social e económica que sufriu Europa durante o século XV motivou no reino de Galicia a constante perda de influenza e poder económico das clases altas, tanto aristocráticas como clericais. Ante tal situación, os grandes nobres e bispos, co obxecto de manter o seu privilexiado ''status'', comezan a agravar os seus abusos sobre as clases máis desfavorecidas. A resposta das clases baixas galegas —entre elas a pequena nobreza, o baixo clero e, specialmente os campesiños— foi a conformación dunha gran ''Santa Irmandade'' que impartise xustiza no reino de Galicia, capaz de agrupar exércitos, axustizar á alta nobreza, e derrubar aqueles castelos que acolleran aos nobres ''malfeytores'', é dicir, a defensa dos seus intereses fronte aos abusos dos señores.
 
Cada un dos miles de membros desta ''Santa Irmandade'' recibiu o nome de ''irmandiño'', en base á idea de igualdade deste grupo, polo que as guerras civís nas que interviñeron pasaron a denominarse ''Guerras Irmandiñas''.
 
[[Ficheiro:Castelo de Pambre, Palas de Rei.jpg|thumb|300px|O castelo de Pambre.]]
A orixe da confrontación foron os constantes atropelos de [[Nuno Freire de Andrade, o Mao|Nuno Freire de Andrade]] sobre a vila de Ferrol, cidade ''de reguengo'', na que estoupou a chamada ''Irmandade Fusquenlla'' no ano [[1431]], e que tivo por obxecto o apresamento, así como o derrubamento dos castelos pertencentes á casa de Andrade, encabezados polo fidalgo [[Roi Xordo]]. Nesta ocasión a ''Irmandade'' foi finalmente derrotada en pouco tempo por tropas dos Andrade, do arcebispo de Santiago (pois até aí chegou a revolta) e mais do correxedor do rei.
 
Anos máis tarde señores comezou outra revolta de dimensións moito maiores, que foi organizada por [[Alonso de Lanzós]] e [[Diego de Lemos]], baixo o lema ''Deus fratresque Galliciae'' (Deus e os irmáns de Galicia), e que contaba co apoio das principais vilas do reino así como dos monarcas de Castela. Era en si mesma, unha ''Irmandade Xeral do reino de Galicia'', que logrou derrubar máis de 130 fortalezas e controlou a totalidade de Galicia entre os anos [[1465]] e [[1469]], facendo fuxir aos grandes propietarios galegos a Portugal e Castela. Porén, o apoio dos monarcas de Castela non procuraba acabar cos abusos económicos sobre os clases baixas galegas, senón o esmagamento total da nobreza galega e o control directo do reino de Galicia pola monarquía castelá. Derrubadas moitas das fortalezas e axustizados moitos nobres, os acontecementos obrigaron a actuar aos monarcas de Castela, virando a súa posición e apoiando incondicionalmente aos nobres galegos, asi coma ao arcebispo de Compostela. En [[1469]] o exército do arcebispo e [[Pedro Madruga]], apoiados por tropais reais castelás e portuguesas, poñía fin á derradeira Guerra Irmandiña.
 
====A guerra polo trono de Castela, e os ''Reis Católicos''====
[[Ficheiro:IsabellaofCastile03.jpg|thumb|right|150px|A nobreza castelá e aragonesa apoiou a [[Isabel I de Castela|Isabel de Castela]].]]
[[Ficheiro:Juana la Beltraneja.jpg|thumb|left|150px|A coroa portuguesa e [[Pedro Álvarez]] apoiaron a [[Xoana a Beltranexa|Xoana ''a Beltranexa'']].]]
En [[1474]] morre o rei [[Henrique IV de Castela|Henrique IV]] e xorden dous bandos para a sucesión da coroa de Castela:
* '''Partidarios de Isabel'''. Ademais da nobreza castelá e aragonesa, e con [[Alonso II de Fonseca]], arcebispo e Santiago, ao mando, tomaron partido por Isabel o conde de Lemos, o vizconde de Monterrei, o conde de Benavente, os [[Pardo de Cela]], Saavedras, Bolaños e Ribadeneiras. En realidade, a maioría da nobreza laica e eclesiástica apoiaba a Isabel.
* '''Partidarios de Xoana'''. A coroa de Portugal, [[Pedro Madruga]] e algúns nobres laicos galegos apoiaban a causa da infanta dona Xoana, ''a Beltranexa''.
 
En realidade, os dous bandos tiñan no fondo un resultado político distinto: a unión de Castela-León con Aragón (se gañaba Isabel) ou a unión de Castela-León con Portugal (se gañaba Xoana). A [[Guerra de Sucesión Castelá|guerra]] comezou en [[1475]], con dous bandos dirixidos por [[Pero Alvares]] por un lado e o arcebispo de Santiago Alonso II de Fonseca polo outro, e acabaría catro anos despois co [[tratado de Alcáçovas]], de maneira que Isabel foi quen ascendeu ao trono. Os nobres partidarios de Xoana tiveron que exiliarse ou caer en desgraza, e comeza a política autoritaria de Isabel e Fernando, chamados ''os Reis Católicos''. Estes reis aínda tiveron algúns nobres que se opuxeron ao seu control, como foi o caso de [[Pedro Álvarez Osorio]], [[Rodrigo Enríquez de Castro]] e o mariscal [[Pero Pardo de Cela]].
 
Cando xa non había oposición nobiliaria, os [[Reis Católicos]] pretenderon someter definitivamente o reino de Galiza baixo a súa autoridade, e para isto toman determinadas medidas que marcarían os séculos futuros:
[[Ficheiro:FerdinandIsabellaSpain.jpg|thumb|200px|[[Fernando II de Aragón e V de Castela|Fernando II]] e [[Isabel de Castela|Isabel de Castela]] comezan a uniformización da coroa de Castela.]]
 
* Nomeamento dun Gobernador-Capitán Xeneral foráneo plenipotenciario (auténtico vicerrei).
* Creación dun órgano xurisdicional para a impartición da Xustiza no nome da Monarquía: A [[Real Audiencia do Reino de Galicia]], presidida polo Gobernador-Capitán Xeneral.
* Orde de non reconstruír os castelos derrubados polos irmandiños.
* Integración dos mosteiros galegos nas congregacións de Castela e Valladolid.
* Descabezamento da nobreza levantisca: Pardo de Cela é decapitado en Mondoñedo; Pedro Madruga, conde de Camiña e Soutomaior, arrecunchado en Portugal e, posteriormente, asasinado; o conde de Lemos é acantoado na Galicia oriental.
* Creación da ''Santa Hermandad'', institución policial moi mal recibida pola nobreza e que se impón en [[1483]] coa axuda do arcebispo Alonso II de Fonseca, como podemos comprobar nas palabras do cronista [[Jerónimo Zurita]]:
 
{{Cita|''contra voluntad de todo aquel reino, estando todos en resistencia, recibió la hermandad en Santiago; y en un día la hizo recibir y pregonar desde el Miño hasta la mar, que fue hacer al rey y a la reina señores de aquel reino''.<ref>Extracto dos ''Anales de la Corona de Aragón'', Zurita, J., lib. XX, cap. XLVI</ref>}}
 
Desde aquela, e despois do frustrado [[Estatuto de Autonomía de Galicia de 1936|estatuto]] na [[Segunda República Española|Segunda República]], Galicia non recuperaría unha autonomía até despois da promulgación da actual [[Constitución española de 1978|Constitución española]].<ref>[http://www.xunta.es/titulo-preliminar Estatuto de Autonomía de Galcia de 1981. Xunta de Galicia.]</ref>
 
==Meigas, trasnos e similares==
Liña 337 ⟶ 68:
* Cuba, Xoán E., Antonio Reigosa & Xosé Miranda (1999): ''Diccionario dos seres míticos galegos''. Vigo: Xerais. (Con debuxos de Lázaro Enríquez). ISBN 84-8302-363-6
 
[[Categoría:Mitoloxía galega|Mitoloxía galega]]
 
[[es:Mitología gallega]]