Grupo Galaico de Arte Rupestre: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Paradanta (conversa | contribucións)
Mudo segundo conversa
m →‎Temática: cinexética
Liña 30:
As representacións xeométricas ou abstractas son as máis abondosas, con exemplos coma os círculos concéntricos, deseños labirínticos (salientando os [[Labirintos de Mogor]]), deseños reticulados, espirais, puntos e cazoletas. Todas estas representación posúen un significado [[Simbolismo|simbólico]], aínda que é difícil interpretar o auténtico significado.
 
Os petróglifos non reflicten a vida cotiá das persoas que os gravaron. As comunidades da Idade do Bronce practicaban a agricultura e a gandería como base da súa subsistencia, mais nos gravados os únicos temas representados son os relacionados coa [[ cinexética|caza]] e a [[guerra]]. Supoñemos que os petróglifos estaban relacionados coas actividades que, posibelmente, a sociedade da Idade do Bronce consideraba máis prestixiosas. Nas escenas cinexéticas o único animal cazado é o cervo. Isto pode estar relacionado coa importancia simbólica que este animal debeu posuír. No mundo imaxinario destas comunidades a caza parece ser algo máis ca unha función lúdica ou subministradora de alimento e probablemente tería un forte contido ritual ou iniciático.
 
== Estacións arqueolóxicas==