Osteíctios: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
Lameiro (conversa | contribucións)
dúbida taxonómica
Liña 3:
Os '''osteictios''' (Osteichthyes, do [[lingua grega|grego]] ὀστεον /ósteon/, "óso", e ἰχθύς /ichtus/, "peixe"), tamén chamados ''peixes óseos'' son vertebrados [[gnatóstomos]] (superclase Gnathostomata) e inclúen tódolos peixes dotados de esqueleto interno óseo, formado principalmente por pezas calcificadas e algunhas [[cartilaxe|cartilaxinosas]]. Forman, xunto ós [[condrictios]] (peixes cartilaxinosos), os dous grandes grupos que comprenden os chamados vulgarmente ''peixes''. Existe un terceiro grupo cuxa inclusión dentro dos peixes está en discusión, que son os [[agnatos]] ou peixes sen mandíbulas (lampreas e peixes viscosos), que actualmente se tende a considerar unha superclase á parte, Agnatha.
 
O termo Osteichthyes fai referencia a un grupo parafilético e non se considera unha clasificación taxonómica válida. Neste grupo encádranse as clases [[Actinopterygii]] e [[Sarcopterygii]] <ref> Na clasificación tradicional linneada, os osteíctios son unha clase que, xunto ós condrictios, colga da superclase Gnatóstomos. O [http://www.marinespecies.org/aphia.php?p=taxdetails&id=10194 World Register of Marine Species] considera sinónimos Actinopterygii e Osteichthyes.</ref>.
 
==Características ==