Volta ao País Vasco: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nova páxina: "A Volta ao País Basco é unha carreira ciclista profesional por etapas disputada no País Basco en primavera. Foi creada en 1924 baixo o nome de Gran Premio Excelsior, cesou entr..."
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 18 de decembro de 2011 ás 19:36

A Volta ao País Basco é unha carreira ciclista profesional por etapas disputada no País Basco en primavera. Foi creada en 1924 baixo o nome de Gran Premio Excelsior, cesou entre os anos 1936 e 1968, recuperándose no ano 1969 uníndose á organización da Bicicleta Eibarresa. O diario A Voz de España apoiou esta iniciativa e se converteu no principal patrocinador. Esta unión durou ata o ano 1973. Para non complicar o palmarés de ambas probas, este anos adoitan considerarse pertencentes á Volta ao País Basco. Dende o 2005 está inscrita no programa UCI ProTour e os seus sucesores, actualmente UCI WorldTour. No ano 2008 acordouse fusionar novamente a Euskal Bizikleta coa Volta ao País Basco, para relanzar a primeira ata, como mínimo, o ano 2012.

Actualmente está organizada polo Diario Vasco.

No seu palmarés destacan as victorias de numerosos vencedores do Tour de Francia, como Nicolas Frantz, Maurice Dewaele, Gino Bartali, Jacques Anquetil, Luis Ocaña, Stephen Roche e Alberto Contador, vencedores da Volta a España como Giovanni Battaglin, Sean Kelly, Toni Rominger, Alez Zülle, Laurent Jalabert e Denis Menchov e do Giro de Italia como Danilo Di Luca.