Mosteiro de Santa María de Monfero: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Arranxos
m →‎Historia: arranxo
Liña 15:
No [[1147]] acóllese á [[Orde do Císter|reforma cisterciense]] a través do [[Mosteiro de Sobrado dos Monxes]], vivindo anos de esplendor económico e cultural.
 
A finais da [[idade media]], coa reforma dos [[Reis Católicos]], anexiónase á [[Congregación de Castela]], da que dependeu ata a exclaustración de [[1835]]. En [[1882]] hai un intento efímero de reintroducir a vida monacal no mosteiro ao se esteblecer unha comunidade cisterciense da que era abade Manuel Antonio Díez, que fora monxe da Congregación de Castela. A ruína do mosteiro e ununha [[andazoepidemia]] de [[varíola]] fixeron fracasar a tentativa.
 
A mediados do [[século XVI]] a comunidade monástica iniciou obras de renovación que continuarían ata a seguinte centuria, obras caracterizadas polo seu estilo clásico. No ano [[1620]] encárgase das obras [[Simón de Monasterio]]. A partir de entón imponse o estilo [[barroco]] e derrúbase a vella igrexa. A morte no ano [[1624]] de Simón de Monasterio, ao que se lle atribúen as trazas da planta e o alzado, fai que outros mestres de obra teñan que seguir co seu proxecto.