Condrictios: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
máis
Lameiro (conversa | contribucións)
máis
Liña 7:
Os condrictios presentan tanto caracteres evolucionados como caracteres primitivos (como a súa anatomía básica). Entre os caracteres evolucionados destacan dous: a suspensión e estrutura das aletas e a estrutura e composición das mandíbulas e da dentición que, segundo a especie, pode presentar formas máis evolucionadas ou máis primitivas. Otro carácter avanzado é o seu sistema inmunitario.
 
Obsérvase neste grupo unha clara tendencia ó xigantismo, como medida para evitar a depredación. Os [[tiburón]]s típicos teñen unha lonxitude de dois metros ou máis, e as [[raia]]s típicas chegan a un metro, proporcións que resultan moi grandes para o estándar dos vertebrados.
 
Os dentes non están fusionados á mandíbula e son substituídos por dentes novos de forma continua, rápida e en serie, grazas a unha cavidade que posúen ó longo do bordo da mandíbula. Esta característica permítelles ter sempre dentes novos que substitúen a aqueles que se van rompendo, desgastando e desprendendo. Poden ter dentes aserrados, con función cortadora; dentes afiados, para capturar as presas; e dentes planos (en moitas raias) para moer o alimento.
 
Respiran a través de branquias[[branquia]]s durante toda a súa vida. As branquias non están protexidas por opérculos, como noutros peixes, senón que se abren directamente ó exterior a través de 5 ou 7 fendas branquiais, no caso de raias e tiburóntiburóns, ou unha única, no caso das quimeras.
 
A principal diferenza respecto a outros peixes é o seu esqueleto formado principalmente por cartilaxe e non por óso. Tamén, o carecer de vexiga natatoria: esta ausencia obrígalles a manterse nadando constantemente ou pousarse no fondo do mar, sen poder manter unha posición estática na columna de auga.
 
==Sentidos==
Posúen un agudo sentido do olfacto e son quen de detectar o sangue a longas distancias. A vista está menos desenvolvida e só poden detectar luces e sombras na auga.
 
Posúen nas liñas laterais e no fociño uns órganos sensoriais que lles permiten captar os estímulos eléctricos das contraccións musculares dos peixes nos que predan.