Condrictios: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
máis
Lameiro (conversa | contribucións)
máis
Liña 8:
 
Obsérvase neste grupo unha clara tendencia ó xigantismo, como medida para evitar a depredación. Os [[tiburón]]s típicos teñen unha lonxitude de dois metros ou máis, e as raia típicas chegan a un metro, proporcións que resultan moi grandes para o estándar dos vertebrados.
 
Os dentes non están fusionados á mandíbula e son substituídos por dentes novos de forma continua, rápida e en serie, grazas a unha cavidade que posúen ó longo do bordo da mandíbula. Esta característica permítelles ter sempre dentes novos que substitúen a aqueles que se van rompendo, desgastando e desprendendo. Poden ter dentes aserrados, con función cortadora; dentes afiados, para capturar as presas; e dentes planos (en moitas raias) para moer o alimento.
 
Respiran a través de branquias durante toda a súa vida. As branquias non están protexidas por opérculos, como noutros peixes, senón que se abren directamente ó exterior a través de 5 ou 7 fendas branquiais, no caso de raias e tiburón, ou unha única, no caso das quimeras.