Lingua sumeria: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m r2.7.1) (Bot: Engado: bg:Шумерски език
m Declinación (gramática)
Liña 35:
O sumerio é a primeira lingua escrita que coñecemos. A súa escrita, o [[cuneiforme]] (que significa «en forme de cuña») foi logo reutilizada polo [[lingua acadia|acadio]], o [[lingua ugarítica|ugarítico]], e o [[lingua elamita|elamita]]. A [[escritura cuneiforme]] foi mesmo empregada por algunhas [[linguas indoeuropeas]], como o [[lingua hitita|hitita]] (que paralelamente tiña unha escritura [[Escritura xeroglífica hitita|xeroglífico]]) e o [[lingua persa antiga|persa]] antigo, se ben estes últimos non se serviron dos mesmos instrumentos para gravar os signos, afastándose así da grafía orixinal. En efecto, o persa só empregou a forma da escritura, mentres que a pronunciación dos signos xa non tiña nada que ver co sistema orixinal.
 
O sumerio é unha [[lingua aglutinante]], o cal significa que cada palabra está formada por múltiples [[morfema]]s asociados uns aos outros; oponse así ás [[lingua illante|linguas illantes]] como o [[lingua chinesa|chinés]] (onde cada palabra ten só unha forma fixa) e ás [[lingua flexiva|linguas flexivas]], onde as palabras se [[declinaciónDeclinación (gramática)|declinan]] en formas diferentes a través do uso de [[afixo]]s que non poden separarse da [[lexema|raíz]]. Atopamos en sumerio un emprego importante de [[palabra composta|palabras compostas]]: así por exemplo a palabra ''lugal'' que significa «rei» está formada pola unión das palabras ''lu'' «home» e ''gal'' «grande».
 
Tamén é unha [[ergatividade|lingua ergativa]], o que significa que o [[suxeito]], dun verbo [[transitividade|transitivo]] está declinado no caso [[ergativo]], que se marca con ''-e''. O suxeito dun verbo [[intransitividade|intransitivo]] e o obxecto directo dun verbo transitivo van en [[absolutivo]], que en sumerio (como na maior parte das linguas ergativas) está marcado por un [[sufixo]] (ou mesmo o que se chama «sufixo cero», como en ''lugal-e é mu-dù'' «o rei construíu unha casa/un templo/un palacio»; ''lugal ba-gen'' «o rei partiu»).