Cráter de impacto: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Toliño (conversa | contribucións)
Desfíxose a edición 2178781 de Xabier Cancela (conversa); recupero a última edición boa
Liña 16:
*Sudbury ([[Canadá]])
*Vredefort ([[África do Sur]])
 
==Destacados cráteres do Sistema Solar==
 
Evidentemente, non só existen cráteres de impacto na [[Terra]], de feito case tódolos corpos con codia rochosa do Sistema Solar teñen cráteres, e se o corpo en cuestión non posúe unha atmosfera que axude a desintegra-los meteoritos que se lle achegan, ou coma mínimo a reduci-lo tamaño do meteorito antes de que se produza o impacto, a densidade de cráteres existentes nese corpo aumenta , así coma o tamaño dos mesmos.
 
Podemos citar algúns cráteres moi famosos, sobre todo tendo en conta a relación do seu tamaño co diámetro do corpo que alberga o cráter en cuestión:
* Tycho (cráter), o enorme cráter no sur da nosa lúa, que chama moito a atención polo sistema brillante de raios, que son en realidade depósitos do material espelido polo impacto.
* Aitken (cráter), tamén na lúa, un gran cráter de 135 km situado na gran cunca Aitken do polo sur da [[Lúa]].
* [[Herschel (Mimas)|Herschel]], o famosísimo e enorme cráter da lúa de [[Saturno]], [[Mimas (lúa)|Mimas]], que lle da unha notable semellanza a estrela da morte que aparece no filme [[A Guera das Galaxias]].
* [[Odiseo (cráter)|Odiseo]], o inmenso cráter de case 450 km da lúa de [[Saturno]], [[Tetis (lúa)|Tetis]].
* [[Stickney (cráter)|Stickney]], o enorme cráter (respecto do seu corpo proxenitor) da lúa de [[Marte]], [[Fobos (lúa)|Fobos]], de feito se o meteorito que formou este cráter chega a ser un pouco máis grande tería esnaquizado a satélite.
 
==Véxase tamén==