Diferenzas entre revisións de «Aida (ópera)»

sen resumo de edición
==Características==
O [[libreto]] escribiuno [[Antonio Ghislanzon]]i partindo da obra de [[Auguste Mariette]]. Está ambientada en [[Menfis, Exipto|Menfis]] e en [[Tebas, Exipto|Tebas]] na época dos [[faraón]]s. Os principais personaxes son: faraón de Exipto ([[baixo]]), a súa filla Amneris ([[mezzosoprano]]), Aída, a escrava filla do rei [[Etiopía|etíope]] Amonastro ([[soprano]]), Radamés, xeneral exipcio ([[tenor]]), Ramphis, sumo sacerdote (baixo), Amonastro, rei de Etiopía e pai de Aída ([[barítono]]). É unha ópera da etapa final de Verdi, na que as diferenzas entre [[recitativo]]s e [[aria]]s vanse diluíndo, o que dalgún xeito o aproximará a [[Wagner]].
 
{{Óperas de Giuseppe Verdi}}
 
[[Categoría:Óperas de Verdi]]
30.183

edicións