Daltonismo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m r2.7.1) (Bot: Modifico: el:Αχρωματοψία
m corrixo homónimo
Liña 17:
Os conos, en cambio funcionan de día e en ambientes iluminados, e fan posible a visión nas cores. En realidade hai tres tipos de conos; un especialmente sensible á luz [[vermello|vermella]], outro á luz [[verde]] e un terceiro, á luz [[azul]]. Cada Cono (célula) está conectado individualmente co centro visual do cerebro por medio do nervio óptico.
 
A combinación destas tres cores: vermello, [[amarelo]] e azul é suficiente como para ver uns 20 millóns de cores distintas. Así por exemplo o [[Laranxa (cor)|laranxa]] é vermello cun pouco de amarelo e o violeta é azul cun pouco de vermello. É no [[cerebro]] onde leva a cabo esta interpretación, pois no ollo só cáptase a luz.
 
Os daltónicos non distinguen ben as cores por erro dos xenes encargados de producir os pigmentos dos conos. Así, dependendo do pigmento defectuoso, a persoa confundirá unhas cores ou outros. Por exemplo se o pigmento defectuoso é o do vermello, o individuo non distinguirá o vermello nin as súas combinacións. Tamén pode darse o daltonismo por falta dun tipo de cono, tendo así só dous.