Concentración (química): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
m corrixo homónimo
Liña 20:
O [[alcohol]] comercial de uso doméstico, por exemplo, xeralmente non vén nunha presentación pura (100 % alcohol), senón que é unha solución de alcohol en agua en certa proporción, onde o alcohol é o soluto (a substancia que se disolve) e a auga é o disolvente (a substancia que disolve o soluto). Cando a etiqueta do envase di que este alcohol está ao 70 % V/V (de concentración) significa que hai un 70 % de alcohol, e o resto, o 30 %, é auga.
 
O zume de [[Laranxa (froita)|laranxa]] comercial adoita ter unha concentración do 60 % V/V, o que indica que o 60 %, (o soluto), é zume de laranxa, e o resto, o 40 % (o disolvente), é auga.
 
A [[tintura de iodo]], que nunha presentación comercial pode ter unha concentración do 5 %, significa que hai un 5 % de [[iodo]], (o soluto), disolvido nun 95 % de alcohol, (o disolvente).