Economía dos Estados Unidos de América: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m r2.7.1) (Bot: Engado: kk:АҚШ экономикасы
m corrixo homónimo
Liña 121:
A industria agrícola americana é a maior do mundo. As facendas americanas producen grandes cantidades de produtos vexetais, que son máis que suficientes para atender á demanda nacional. Os excedentes expórtanse. Os Estados Unidos son os maiores exportadores mundiais de produtos agrícolas do mundo.
 
Estados Unidos é o maior produtor de [[Laranxa (froita)|laranxa]]s e [[limón]]s do mundo. A maior parte da produción nacional está concentrada na [[Florida]]. A California é tamén grande produtora de froitas [[cítrico|cítricas]]. O país tamén é o maior produtor mundial de [[millo]], [[soia]], [[cacahuete]], [[trigo]] e [[algodón]]. O millo e a soia cultívanse principalmente en [[Iowa]] e en [[Illinois]], así como en [[estado]]s veciños. O [[amendoín]] cultívase principalmente no sur do país. O trigo cultívase principalmente no centro-norte do país, sobretodo en [[Kansas]] (maior produtor nacional), [[Dakota do Norte]], [[Dakota do Sur]], [[Montana]] e [[Oklahoma]]. O algodón, cultivado actualmente especialmente no sur do país, foi por séculos o produto máis importante da economía dos estados do sueste americano. O país tamén é o maior exportador dos produtos mencionados máis enriba. Os Estados Unidos tamén cultivan [[cana de azucre]], sobre todo no sur do país. Xa o nordeste do país é grande produtor de froitas tales como a [[mazá]], o [[amorodo]] e a [[uva]].
 
O uso de cada vez máis modernas técnicas de cultivo e de maquinaria agrícola cada vez máis avanzados contribuíu para que os Estados Unidos alcanzasen a posición de maior potencia agropecuaria do mundo. Porén, isto tamén causa problemas para a industria agrícola -como tamén para a industria gandeira-. O uso de tales técnicas e equipamentos é caro, aínda que a longo prazo diminúa os prezos dos produtos producidos. Os facendeiros que non posúen fondos suficientes para sufragar os gastos destas técnicas e equipamentos non conseguen vender os seus produtos -por lles saíren máis caros que produtos producidos a través do uso de modernos equipamentos e técnicas- son forzados a vender a súa terra e buscar emprego nas [[cidade]]s. En [[1925]], o número de facendas no país era de 6,5 millóns. Actualmente, este número é de 2,2 millóns, e aínda está en diminución. Cerca do 95% das facendas americanas son de propiedade dos facendeiros que as cultivan, isto é, son facendas mantidas principalmente por familias. O resto dos 5% son de propiedade de grandes empresas, que traballan principalmente no ramo da alimentación.