Xeografía de Galicia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Woden (conversa | contribucións)
Servando2 (conversa | contribucións)
Liña 65:
 
==O interior==
Demograficamente, o interior galego está pouco poboado, e continúa a experimentar a emigración ás áreas urbanas litorais (antes a Madrid, Barcelona, BiskaiaBiscaia e Europa Occidental, e antes aínda a América, onde todos os españois aínda hoxe son chamados 'gallegos'), de xeito que se mantén a estrutura poboacional en pequenos núcleos, pequenas vilas e a poboación dispersa en [[aldea|aldeas]], o que se reproduce na costa pero con características diferentes debido á moito maior densidade poboacional.
 
O aspecto orográfico que presenta Galicia no seu interior é de montañas baixas e romas, con multitude de ríos, estruturados como tributarios do [[Río Miño]] no interior, e nas cuncas atlántica e cantábrica, ríos máis curtos (en particular os que van ó [[Mar Cantábrico]]). As pendentes suaves ás veces ceden o paso a ladeiras escabrosas, como ocorre nos [[Canóns do Sil]]. Noutras zonas aparecen amplios vales, se ben son minoritarios.
 
Galicia é percorrida de norte a surestesueste por dúas fallas tectónicas, partindo as características do chan galego por ditos lugares. Así, atopámonos na zona do [[O Porriño|Porriño]] con canteiras de [[granito]], rocha moi abundante en boa parte de Galicia, pero ausente no extremo nordeste.
 
===Ríos===
[[Ficheiro:Ribeira Sacra. Río Sil. Lugo. Galiza.jpg|thumb|left|250px|[[Río Sil]] ao seu paso pola [[provincia de Lugo]]]]
{{Ver artigo principal|Ríos de Galicia}}
Galicia califícasecualifícase moitas veces como a ''terra dos mil ríos'' pola cantidade de cursos fluviais que mantén. En xeral, e debido á súa pequenez, salvo o [[Río Miño|Miño]] na súa desembocadura ou nos moitos encoros, non son navegables (excepción feita para pequenas barcas no tramo final sen pendente dalgúns, que propicia a celebración de festas semi-acuáticassemiacuáticas como as chamadas "[[zalea|zaleas]]").
 
Son ríos moi curtos na vertente cantábrica e algo máis longos na atlántica, coas excepcións novamente do [[río Miño|Miño]] e o [[Río Sil|Sil]] que teñen unha lonxitude de varios centos de quilómetros.