Diferenzas entre revisións de «Acelular»

corrixo
mSem resumo de edição
(corrixo)
 
== Características ==
Como [[adxectivo]], acelular úsase para cualificar os [[tecido (bioloxía)|tecidos]] que só posúen [[matriz extracelular]] e que carecen de células, como a [[mesoglea]] dalgúns [[invertebrados]] ou a [[cutícula (artrópodos)|cutícula]] dos [[artrópodosartrópodo]]s.
 
O dos ''acelulares'' (ou Acytota) é un dos tres [[Dominio (bioloxía)|superreinos]] en que a [[bioloxía]] moderna divide os [[ser vivo|seres vivos]]. Os membros deste superreino son organismos que se reúnen nun único [[reino (bioloxía)|reino]]: o reino [[Virus]]. O seu [[clado]] oposto é [[Cytota]], que reúne a todos os organismos celulares, os dominios [[Bacteria]], [[Archaea]] e [[EukariaEukarya]].
 
Os [[virus]] están considerados como parasitos intracelulares obrigatorios, pois por si sós non son capaces de reproducirse. Poden ter [[ácido desoxirribonucleico|ADN]] ou [[ARN]], envolvidos por unha membrana proteica.
 
Este tema aínda é moi discutido e posto en dúbida, dado que non se sabe aínda se os virus poden ser considerados como seres vivos. Non se reproducen por conta propia, non se alimentan, non teñen [[orgánulo]]s, nin [[metabolismo]], etc. O concepto de "vida" sen estrutura celular volveu emerxer con forza na [[comunidade científica]] en [[2003]] como consecuencia do descubrimento dos [[mimivirus]].<ref>{{cita publicación|apelido=Forterre|nome=Patrick|ano=2006|título=Three RNA cells for ribosomal lineages and three DNA viruses to replicate their genomes: A hypothesis for the origin of cellular domain|revista=Proceedings of the National Academy of Sciences|id=PMID 16505372|volume=106|número=10|pmc=1450140|páxinas=3669–3674|doi=10.1073/pnas.0510333103}} {{en}}</ref>.
{{commonscat|Non-cellular life}}
===Outros artigos===
* [[Mimivirus]].
* [[Prión]].
* [[Viroide]].
* [[Virusode]].
 
[[Categoría:Bioloxía]]
59.875

edicións