Historia de Pontevedra: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
lig int
m →‎Século XX: homónimo
Liña 85:
 
===Século XX===
Nas primeiras décadas do século XX, Pontevedra vive un momento de especial efervescencia cultural e política. Ten especial relevancia a creación da [[Misión Biolóxica de Galiza]] e a fundación, en decembro de [[1931]], do [[Partido Galeguista (histórico)|Partido Galeguista]], dirixido por [[Alexandre Bóveda|Bóveda]] e [[Castelao]], xermolo do [[nacionalismo galego]] actual.
 
En [[1936]] ten lugar o alzamento militar do xeneral [[Francisco Franco Bahamonde|Franco]] que dá paso a unha dura guerra civil, fomentada polos odios e enfrontamentos acumulados durante anos. Tras o seu remate tres anos máis tarde, viría a represión por parte dos triunfadores ''nacionais''. Así as cousas, numerosas persoas foron asasinadas, fusiladas ou obrigadas a marchar ao exilio.