Robert Boyle: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m r2.7.1) (Bot: Engado: war:Robert Boyle
Servando2 (conversa | contribucións)
Liña 20:
 
== Obra ==
O maior mérito de Boyle como investigador científico é que materializou os principios que [[Bacon]] predixo na súa obra ''Novum ÓrganumOrganum'', aínda que non se considerase a si mesmo como seguidor de Bacon ou calquera outro profesor: en numerosas ocasións manifestou que co propósito de manter o seu xuízo tan libre de prexuízos como lle fose posible, dado que el se abastecía de experimentos, eludía o estudo das teorías do [[átomo]], do sistema [[cartesiano]], así como do mesmo ''Novum Órganum'', aínda que admitía consultar ocasionalmente devanditas teorías sobre algún particular que fose obxecto do seu interese. Nada era máis alleo ao seu temperamento ca [[hipótese]]; el apreciaba a adquisición de coñecemento como un fin en si mesmo, e en consecuencia beneficiábase dunha máis ampla perspectiva da que tiveron os seus predecesores sobre os fins da investigación científica. Isto, doutra banda, non significa que non prestase atención ás aplicacións prácticas da ciencia nin que desprezase o coñecemento que servía ao uso.
 
Boyle publicou en 1661 ''O químico escéptico'' e puxo fin aos misteriosos manexos da ''alquimia'' e retornou á teoría atómica de [[Demócrito]].
 
Realizou importantes contribucións no campo da [[física]]: a [[lei de Boyle]], o descubrimento do papel do [[aire]] na propagación do [[son]], as investigacións sobre a forza expansiva na [[conxelación]] da [[auga]], sobre a [[gravidade]] específica, a [[refracción]] en [[cristal|cristais]], [[electricidade]], [[cor]], [[hidrostática]], etc. Malia iso, a [[química]] foi sempre a súa predilecta.
 
Para Boyle, a química era a ciencia da composición da substancias e non unha arte auxiliar para o alquimista ou o físico. Avanzou cara á moderna visión dos [[elemento químico|elementos]] como os constituíntes dos corpos materiais, e comprendeu a distinción entre as mesturas e os compostos realizando progresos considerables nas técnicas para a determinación dos seus compoñentes, un proceso que bautizou como "análise". Máis aínda, chegou a supoñer que os elementos estaban compostos en última instancia de partículas de varios tipos e tamaños. Ademais, realizou estudos sobre a [[combustión]] e a [[respiración]] descubrindo a intervención do [[Osíxeno molecular|osíxeno]], así como experimentos en [[fisioloxía]] nos que se vía estorbado pola delicadeza da súa natureza, que lle impedía realizar [[disección]]s [[anatomía|anatómicas]], especialmente de animais vivos, malia saber que eran máis instrutivas.