Pexego: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
EmausBot (conversa | contribucións)
m r2.6.4) (Bot: Modifico: nv:Dzidzétsoh
m →‎Cultivo: homónimo
Liña 7:
[[Ficheiro:Autumn Red peaches.jpg|200px|thumb|left|Pexego]]
O pexegueiro é un vexetal que habita nunha zona bastante restrinxida, xa que precisa condicións de frío invernal (os requerimentos de frío varían entre as variedades) que as zonas subtropicais non reúnen e, ao mesmo tempo, non son resistentes ás xeadas; en troques, no verán requiren temperaturas altas para que madure a colleita. Algunhas das rexións produtoras de pexegos mais importantes son:
* No hemisferio Norte: [[California]], [[Carolina do Sur]], [[Colorado, Estados Unidos de América|Colorado]], [[Xeorxia]] e rexións limítrofes do [[Canadá]]; os países da conca mediterrána e algunhas zonas da [[China]].
* No hemisferio sur: [[Chile]],[[Arxentina]], [[Uruguai]], [[Sudáfrica]] e [[Nova Celandia]].
 
A maioría das árbores que se venden nos viveiros son cultivares enxertados. Son propensas a unha enfermidade chamada ''enrolamento da folla'', causada polo fungo ''Taphrina deformans'', que normalmente non afecta directamente á froita ainda que reduce a colleita, xa que provoca unha defoliación da árbore máis ou menos extensa. A froita é moi susceptible á ''gomose'', enfermidade fúnxica causada pola ''Monilinia fructicola''.
[[Ficheiro:Renoir - Peches et cerises.jpg|thumb|Representación artística con pexegos, obra de [[Pierre-Auguste Renoir]]]]
 
== Plantación ==
A exposición desta especie debe ser a pleno sol e con boa ventilación. Isto permite que o aire frío circule durante as noites frías e mantén a zona fresca no verán. A mellor época para plantalos é a principios do inverno, desta forma as raíces teñen tempo para asentárense e para poder alimentar a brotación primaveral.