Diferenzas entre revisións de «Caroline Lucretia Herschel»

m
→‎Traxectoria: arranxiño
m (arranxiño)
m (→‎Traxectoria: arranxiño)
Irmá do famoso [[William Herschel]], tamén astrónomo, compartiu con el unha auto-educación científica. Caroline descubriu varios novos [[cometa]]s, en particular o de tipo periódico 35P/Herschel-Rigollet, que leva o seu nome. No outono de 1772 reuniuse en [[Inglaterra]] co seu irmán, que se establecera como profesor de música en [[Bath]]. A partir de aí cooperaron nas investigacións astronómicas e os seus deberes profesionais: ela era a cantante principal nos concertos do oratorio, acadando tanta sona que lle foi ofertada unha invitación para o festival de [[Birmingham]], que declinou.
 
No [[1782]] o seu irmán aceptou ser o [[astrónomo real]] de [[Xurxo III do Reino Unido|Xurxo III de Inglaterra]]. Carolina foi a súa asistente nas observacións, executando asemade os laboriosos cálculos relacionados con elas. A súa diversión principal era escrutar o ceo cun pequeno [[telescopio]] newtoniano. Foi así como detectou no [[1783]] tres [[nebulosa]]s, e entre [[1786]] e [[1797]] oito cometas, en cinco dos que ten incuestionable prioridade, entre eles o [[Cometa Encke]]. O primeiro deles, descuberto o [[1 de agosto]] de [[1786]], foi tamén o primeiro descuberto por unha muller. O ano seguinte comezou a ser asalariada real polo seu traballo de asistente, o que a converteu na primeira muller recoñecida oficialmente como científica. No [[1797]] presentou á [[Royal Society]] un índice de observacións de John Flamsteed, xunto cun catálogo de 561 [[Estrela (astronomía)|estrelas]] omitidas accidentalmente no British Catalogue, e unha lista de erratas dese catálogo.
 
Volceu a [[Hannover]] no [[1822]] trala morte do seu irmán, pero xa non abandonou os seus estudos astronómicos, e no [[1828]] completou a redución comezada en xaneiro de [[1800]], de 2.500 nebulosas descubertas polo seu irmán. No [[1828]] a Royal Astronomical Society outorgoulle a medalla de ouro, e no [[1835]] elixiuna membro honorario. No [[1846]] recibiu a medalla de ouro do Rei de [[Prusia]].
104.144

edicións