Diferenzas entre revisións de «Caroline Lucretia Herschel»

m
arranxiño
m (→‎Traxectoria: corrixo homónimo)
m (arranxiño)
No [[1782]] o seu irmán aceptou ser o [[astrónomo real]] de [[Xurxo III de Inglaterra]]. Carolina foi a súa asistente nas observacións, executando asemade os laboriosos cálculos relacionados con elas. A súa diversión principal era escrutar o ceo cun pequeno [[telescopio]] newtoniano. Foi así como detectou no [[1783]] tres [[nebulosa]]s, e entre [[1786]] e [[1797]] oito cometas, en cinco dos que ten incuestionable prioridade, entre eles o [[Cometa Encke]]. O primeiro deles, descuberto o [[1 de agosto]] de [[1786]], foi tamén o primeiro descuberto por unha muller. O ano seguinte comezou a ser asalariada real polo seu traballo de asistente, o que a converteu na primeira muller recoñecida oficialmente como científica. No [[1797]] presentou á [[Royal Society]] un índice de observacións de John Flamsteed, xunto cun catálogo de 561 [[Estrela (astronomía)|estrelas]] omitidas accidentalmente no British Catalogue, e unha lista de erratas dese catálogo.
 
Volceu a [[HanoverHannover]] no [[1822]] trala morte do seu irmán, pero xa non abandonou os seus estudos astronómicos, e no [[1828]] completou a redución comezada en xaneiro de [[1800]], de 2.500 nebulosas descubertas polo seu irmán. No [[1828]] a Royal Astronomical Society outorgoulle a medalla de ouro, e no [[1835]] elixiuna membro honorario. No [[1846]] recibiu a medalla de ouro do Rei de [[Prusia]].
 
O [[asteroide]] 281 Lucretia foi nomeado polo seu segundo nome, e un [[Cráter (astronomía)|cráter]] [[lúa|luar]] no Sinus Iridium foi nomeado Caroline Herschel en honra súa.
104.182

edicións