Padres da Igrexa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 32:
==Tradición latina==
Entre os pais latinos, cómpre citar:
 
*[[Cibrán de Cartago]] (200-258): bispo de [[Cartago]]. Sufriu a persecución do emperador [[Decio]]. Debateu co Papa [[Cornelio]] sobre a reintegración dos fieis que a abandoraron a Igrexa durante esa persecución, defendendo unha posición equidistante máis rigorosa que a do bispo de [[Roma]]. No contexto da persecución do emperador [[Valeriano]], foi decapitado.
 
*San [[León I, papa|León I Magno]] (+ 461): primeiro [[Papa]] no sentido histórico do termo (primado de [[Pedro]]). Exerceu un auténtico liderado na Igrexa occidental. Foi célebre o seu diálogo pacífico con [[Atila]] que evitou a invasión e saqueo da cidade polos [[hunos]].
Liña 37 ⟶ 39:
*Santo [[Ambrosio de Milán]] (339-397): proclamado polo pobo bispo de [[Milán]] debido á súa recoñecida sabedoría e bondade. Condenou a matanza de [[Tesalónica]] perpetrada polo Emperador [[Teodosio I]]. Supeditou a lexitimidade do seu poder á submisión aos valores da xustiza e a caridade consonte o espírito cristiá. Repróchaselle certa intolerancia cos xudeus.
 
*Santo [[Agostiño de Hipona]] (354-430): pensador fundamental da historia da filosofía. En canto ás súas ideas estritamente relixiosas cabe salientar: A [[Graza]]: don gratuíto do Amor de Deus que concede a salvación sen mérito por parte do home; isto enfrontouno a [[Pelaxio]] que defendía a salvación polas boas obras e foi considerado herexe. A [[Santa Trindade]]: na obra do mesmo nome concibe a unidade substancial de Deus como unha comuñón de Amor entre as tres persoas divinas. A ''Cidade de Deus'': como meta da humanidade que supón desacralizar o poder político, o cal debe someterse ás esixencias da xustiza e da caridade consonte o espírito cristiá. O home: criatura feita á imaxe e semellanza de Deus que, tal como expresa nas súas ''Confesións'', vivirá inquedo ata que non acougue en Deus. A moral: centrada no amor ao próximo incluído o inimigo (''ama e fai o que queiras'', afirmará no seu ''Comentario á primeira Carta de S. Xoán''). Para Agostiño "o amor é unha perla preciosa que, se non se posúe, de nada serven o resto das cousas, e se se posúe, sobra todo o demais".
 
*[[San Xerome]] (347-420): Tradutor ao latín da [[Biblia]] ([[Vulgata]]). De espírito inquedo e unha vasta cultura, sostivo con paixón as máis diversas polémicas teolóxicas. Fustigou ao clero de Roma, ás virxes hipócritas e á comodidade dos monxes, o que o levou a vivir como eremita en [[Terra Santa]] a onde trasladou a súa extensa biblioteca. Non compartiu as correntes [[Maniqueísmo|maniqueas]] e [[Gnosticismo|gnósticas]] que condenaban o matrimonio, pero insistiu en considerar máis excelsa a virxindade.