Padres da Igrexa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sz-iwbot (conversa | contribucións)
Liña 18:
*[[Oríxenes]] (186-254): busca o significado espiritual das sagradas escrituras superando o teor literal. Defende a esencia espiritual do home e considera que, mediante un proceso purificador, todos os homes, a creación enteira e o mesmo [[Satán]] acadarán a unión con Deus. É a restauración universal ou [[apokatástasis]]. Morreu a consecuencia das duras torturas ás que foi sometido durante a persecución de [[Decio]]
 
*[[Cibrán de Cartago]] (200-258):Bispo de [[Cartago]] sufriu a persecución do emperador [[Decio]]. Debateu co Papa [[Cornelio]] sobre a reintegración na Igrexa dos que abandoaron a fe nesa persecución, defendendo unha posición equidistante máis rigorosa que a do bispo de [[Roma]]. Foi decapitado durante a persecución do emperador [[Valeriano]].
*Santo [[Atanasio de Alexandría]] (279-273): Bispo de [[Alexandría]]. Combateu a herexía de [[Ario]] defendendo a divindade do Verbo de Deus. Segundo el, O Verbo de Deus, compadecido da debilidade do home, e condescendente coa súa corrupción, fíxose home, para que o home se fixera Deus. Trátase da fe do [[Concilio de Nicea]], e o xermolo de espiritualidade ortodoxa que pretende acadar a divina humanidade. Foi desterrado cinco veces nos períodos nos que o poder civil apoiaba o [[arianismo]]
 
*Santo [[Atanasio de Alexandría]] (279298-273373): Bispo de [[Alexandría]]. Combateu a herexía de [[Ario]] defendendo a divindade do Verbo de Deus. Segundo el, O Verbo de Deus, compadecido da debilidade do home, e condescendente coa súa corrupción, fíxose home, para que o home se fixera Deus. Trátase da fe do [[Concilio de Nicea]], e o xermolo de espiritualidade ortodoxa que pretende acadar a divina humanidade. Foi desterrado cinco veces nos períodos nos que o poder civil apoiaba o [[arianismo]]
 
*San [[Basilio o Grande]] (331-379): infatigable pastor na defensa dos pobres e os enfermos. Aberto á cultura pagá, recomendou á xente nova a lectura dos clásicos gregos. No terreo da [[teoloxía]], defendeu a divindade do [[Espírito Santo]]. Puxo as bases do monacato, buscando superar o individualismo eremítico a través da vida compartida e aberta ao servizo de todos. Desafiou aos emperadores [[Xuliano o Apóstata]] e [[Valente]] o ariano. É un dos pais da [[Capadocia]]