Linfocito T: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 5:
Cando o linfocito T chega ao timo, comeza a primeira maduración destas células. Así, nos primeiros estadíos, a célula T comeza a producir o [[receptor de células T|receptor de linfocito T]], de maneira asimétrica. Primeiro a subunidade β e logo a α. A gran maioría de TCRs expresados son o tipo αβ. Máis tarde comezan a expresar os complexos proteicos CD4 e CD8.
 
A todos estes linfocitos preséntanselle os todos os antíxenos do organismo, a través de [[macrófagos]], [[células dendríticas]] e células estromais tímicas. Parte deles interacionan de maneira forte, parte de maneira feble e parte non interacionan. As células que interacionan de maneira forte ou non interactúan son eliminadas para previr [[autoinmunidade|enfermidades autoinmunes]] (seleción tímica negativa). As células que interactúan de maneira feble poden continuar coa suasúa maduración (selección tímica positiva). Xeralmente, os macrófagos e células dendríticas encárganse da selección negativa, mentrasmentres que as células estromais tímicas da selección positiva.
 
As células superviventes comezan a expresar ou ben CD4 (células CD4 positivas; expresan MHC-II) ou ben CD8 (células CD8 positivas; expresan MHC-I). Estas células teñen funcións distintas: