Robert Louis Stevenson: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 32:
A leira chamouse ''Vailima'', que Stevenson e moitos outros detrás interpretou como ''cinco ríos''; porén, o seu verdadeiro significado fai referencia a ''auga entre as mans'', en alusión a unha lenda tradicional samoana. Axiña se converteu Stevenson nunha auténtica referencia para Samoa, e no seu líder intelectual e quizais tamén político. As súas experiencias aconsellando e exercendo autoridade moral sobre a poboación local recolleunas en ''[[Unha nota a pé da Historia]]''. Non deixou de escribir en Vailima, onde produciu ''[[A praia de Falesa]]'', ''[[As aventuras de David Balfour]]'', e ''[[Cando baixa a marea]]'', ademais das ''[[Cartas dende Vailima]]''. Pero durante eses anos o que máis fai é sufrir da saúde: a tuberculose avanza fortemente grazas á humidade, e ten continuas hemorraxias. O [[3 de decembro]] de [[1894]], mentres traballaba n'''[[A presa de Hermiston]]'', falece supetamente, con toda probabilidade como consecuencia dun [[infarto cerebral]].
 
A poboación samoana traballa duramente para prepararlle o enterro a unha persoa á que admiraban con forza: pasan a noite rozando no monte un camiño para poder subir o cadáver de Stevenson dende a leira de Vailima ata o cumio do [[monte Vaea]], onde repousan aínda hoxe os seus restos, nunha cova de [[lava]] e [[Coral (animal)|coral]]. Os xefes samoanos prohibiron que nunca máis se disparasen [[arma de fogo|armas de fogo]] nas proximidades do monte Vaea.
 
== Obra ==