Alessandro Volta: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
corrixo homónimos
arranxiño
Liña 23:
|notas =
}}
'''Alessandro Giuseppe Antonio Anastasio Volta''', nado en [[Como]], [[Lombardía]], o [[18 de febreiro]] de [[1745]], e falecido en [[Camnago]] o [[5 de marzo]] de [[1827]], foi un [[física|físico]] [[italia]]no, famoso principalmente por desenvolver a [[batería eléctrica]].
==Traxectoría==
Alessandro Volta naceu e foi educado en [[Como]], [[Lombardía]]. Foi fillo dunha nai nobre e dun pai da alta burguesía. Recibiu unha educación básica e media humanista, pero ao chegar ao ensino superior, optou por unha formación científica.
 
No ano [[1774]] é nomeado profesor de [[física|física]] da ''Escola Real'' de [[Como]]. Un ano despois, Volta realiza o seu primeiro [[invento]], un aparello relacionado coa [[electricidade]]. Con dous discos metálicos separados por un condutor húmido, pero unidos cun [[Circuito eléctrico|circuito]] exterior logra, por primeira vez, producir [[corrente eléctrica continua]], invéntase o [[electróforo]] perpetuo, un dispositivo que unha vez que se atopa cargado, pode transferir electricidade a outros obxectos, e que xera [[electricidade estática]]. Entre os anos [[1776]] e [[1778]], dedícase á [[química]], descubrindo e illando o [[gas]] de [[metano]]. Un ano máis tarde, en [[1779]], é nomeado profesor titular da cátedra de física experimental na [[Universidade de Pavía]].
 
Volta era amigo de [[Luigi Galvani]] e, cando este descubriu en [[1780]] que o contacto entre dous metais diferentes co [[músculo]] dunha [[ra]] producía electricidade, tamén empezou a facer os seus propios experimentos de electricidade animal, pero chegou a outra conclusión no ano [[1794]]: que non era necesaria a participación dos músculos dos animais para producir corrente. Este achado produciulle unha multiplicidad de conflitos, non só co seu amigo Galvani, senón coa maioría dos físicos da época, que aceptaban a idea de que a electricidade só se producía a través do contacto de dous metais diferentes coa musculatura dos animais. Con todo, cando Volta logrou construír a primeira [[pila eléctrica]], demostrou que se atopaba no certo, habendo gañado a batalla, fronte aos seus colegas.