Ano Santo Xacobeo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 4:
 
== Historia e características ==
Para conseguir a bula xubilar ou [[xubileu]] o católico ten que visitar a [[Catedral de Santiago de Compostela]], onde segundo a tradición está o sartego do apóstolo [[Apóstolo Santiago|Santiago o maior]], rezar algunha oración, cando menos o [[Credo]], o [[Noso Pai]] e pedir polas intencións do papa. Tamén debe recibir os [[sacramento (relixión)|sacramentos]] da comuñón e da penitencia. A graciagraza que o peregrino obtén en ano santo é a indulxencia plenaria dos seus pecados.
 
O primeiro ano santo compostelán do que se ten noticia é o do ano [[1428]], convocado polo arcebispo [[Lope de Mendoza]], aínda que a historiografía tradicional afirmaba que se debía a unha bula do papa [[Calisto II]] no ano [[1122]] grazas a unha falsificación feita a fins do [[século XV]] da bula de [[Alexandre III, papa|Alexandre III]], ''Regis Aeterni'', que o establecía así.