Requinta: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 5:
A principal afinación das requintas é o fa#, para poder servir de acompañamento ás gaitas afinadas en si natural, aínda que tamén se poden atopar requintas afinadas en sol, para acompañar gaitas afinadas en do natural. A súa dixitación depende da afinación da requinta e da existencia de chaves adicionais, mais é posible distinguir entre dous tipos ben diferenciados: dixitación aberta (a máis común) e dixitación pechada (da que só quedan algúns vestixios). O xeito máis común de tocar é unha [[oitava]] por riba da [[gaita]], e cando coinciden dúas requintas, facendo unha mesma melodía en terceiras paralelas.
 
[[Image:Requinta_2.gif|thumbnail|DespieceDespieze dunha requinta]]
 
Os recursos de ornamentación de que fan uso os requinteiros son moi diversos, e só están limitados pola súa imaxinación e pola súa capacidade técnica. Adoitan utilizar trinos longos sobre notas cadenciais, fraseos picados e contranpuntísticos. O feito de que se atopasen pezas compostas para dúos e tríos de requintas sen gaita é unha proba de que este instrumento non foi nunca menosprezado en favor da [[gaita]], en contra do que se puidera pensar. De feito hai evidencias de grupos compostos exclusivamente por requinteiros.