Requinta: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
 
Sen resumo de edición
Liña 3:
A '''requinta''' é un tipo de [[frauta traveseira]] típica de Galicia, máis específicamente das [[Terras do Ulla]]. Naceu como instrumento de acompañamento de formacións típicas de música tradicional con [[gaita]], [[bombo]] e [[tamboril]]. A súa construcción é artesanal, e a madeira empregada adoita se-lo [[buxo]], aínda que non é infrecuente atopar requintas doutras madeiras nobres, como [[granadillo]] ou [[hedra]]. Está composta de cinco pezas aneladas en latón ou ás veces en prata. A primeira peza leva a embocadura, e a derradeira adoita levar unha chave que aumenta o cromatismo do instrumento, e resulta fundamental para afina-las notas na terceira [[oitava]].
 
A principal afinación das requintas é o fa#, para poder servir dade acompañamento ás [[gaitas]] afinadas en si natural, aínda que tamén se poden atopar requintas afinadas en sol, para acompañar [[gaitas]] afinadas en do natural. A súa dixitación depende da afinación da requinta e da existencia de chaves adicionais, pero é posible distinguir entre dous tipos ben diferenciados: dixitación aberta (a maís común) e dixitación pechada (da que só quedan algúns vestixios). O xeito máis común de tocar é unha [[oitava]] por riba da gaita, e cando coinciden dúas requintas, facendo unha mesma melodía en terceiras paralelas.
 
[[Image:Requinta_2.gif|thumbnail|Despiece dunha requinta]]