Diferenzas entre revisións de «Iogur»

m
 
==¿Alimento probiótico?==
Tradicionalmente, considerouse o iogur como [[alimento]] [[probiótico]]. Xa vimos como os médicos da antigüidade (Galeno, Dioscórides) recomendaban comer iogur. Distintos autores afirman que posúe distintos efectos beneficiosos para a saúde e mesmo existen estudios que lle atribúen propiedades [[cáncercancro|anticanceríxenas]] e, cómo non, redutoras do [[colesterol]].
 
Dábase por feito que as bacterias que inxerimos co iogur eran quen de sobrevivir e coloniza-lo noso [[intestino]], contribuíndo eficazmente a acidifica-lo medio e ó equilibrio da flora intestinal. Tamén, que aumentaban as defensas naturais fronte ás infeccións. Por todas estas razóns, recoméndase para persoas con trastornos dixestivos, tras episodios de diarrea ou tras tratamentos prolongados con [[antibiótico]]s (que puideron altera-la flora intestinal).
102.341

edicións